From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Burhinidae (burínidos[1]) son unha familia de aves da orde Charadriiformes, denominados pernileiros ou alcaraváns, que se encontran nas rexións tropicais e temperadas do mundo, cunha especie que vive en Galicia, Burhinus oedicnemus, o pernileiro común de Eurasia. Aínda que o grupo foi considerado de aves limícolas, a maioría das especies teñen preferencia por territorios áridos ou semiáridos.
Son aves de tamaño medio a grande con peteiros fortes negros ou con tons amarelos, grandes ollos amarelos —que lles dan unha aparencia reptiliana— e plumaxe críptica. Estas aves recibiron o nome de pernileiros[2][3] ou alcaraváns.[4][5] Teñen articulacións moi prominentes nas patas.[6]
Son en gran medida nocturnos, particularmente cando emiten os seus sons queixumentos e altos, que lembran ao do mazarico real.[7] A dieta consiste principalmente en insectos e outros invertebrados. As especies grandes tamén comen lagartos e mesmo pequenos mamíferos.[7] A maioría das especies son sedentarias, pero o Burhinus oedicnemus é un migrante de verán na parte da súa área de distribución da Europa temperada, que inverna en África.
Un xénero fósil denominado Wilaru, descrito a partir de restos do Oligoceno tardío e Mioceno temperán de Australia, foi orixinalmente clasificado como un pernileiro; porén, argumentouse despois que era membro da familia Presbyornithidae dos Anseriformes.[8] As dez especies actuais, clasificadas nos xéneros Burhinus e Esacus, son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.