Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Budapest Honvéd FC é un club polideportivo húngaro con sede en Budapest.
Budapest Honvéd | |||
---|---|---|---|
Nome | Budapest Honvéd FC | ||
Fundación | 1909 | ||
Estadio | Bozsik Stadion, Budapest | ||
Capacidade | 10.000 | ||
Presidente | George F. Hemingway | ||
Adestrador | Sisa Tibor | ||
Liga | Liga Húngara | ||
2021/22 | 10º | ||
Na rede | |||
http://www.honvedfc.hu | |||
| |||
En 1909 fundouse coma o Kispest AC. Kispest é o barrio de Budapest onde xurdiu o club. En 1926 pasou a se-lo Kispest FC, mais en 1944 volvería ao seu nome orixinal. En 1949 O Ministerio de Defensa fíxose co control do club e converteuse na escuadra do Exército Húngaro. Asismesmo, Kispest comezou a formar parte do Distrito XIX de Budapest así que o club rebautizouse coma o Budapest Honvéd SE. Este nome provén da verba húngara Honvédség, que é o nome do exército do país. honvéd quere dicir literalmente defensor da patria.
Antes de converterse na escuadra do exército, o único título que conseguira o equipo foi unha Copa de Hungría de Fútbol no ano 1926.
En 1956 Honvéd participou na Copa de Europa, e tocoulle enfrontarse na primeira rolda co Athletic de Bilbao. Perderon por 3-2 en Bilbao e antes de que puidera xogarse o encontro de volta estoupou a Revolución Húngara de 1956 en Budapest. Os xogadores negáronse a volver a Hungría e conseguiron que a volta se xogara en Bruxelas. De calquera xeito o gardameta do Honvéd mancouse nos primeiros minutos do encontro e o extremo esquerdo Zoltán Czibor tivo que ocupa-lo seu posto. O resultado foi de 3-3, cun total na eliminatoria favorable ós bilbaínos por 6-5.
A eliminación da Copa de Europa deixou á escuadra no limbo. Os xogadores negábanse a retornar a Hungría e incluso trouxeron ás súas familias dende Budapest. En contra da FIFA e da Federación Húngara de Fútbol organizaron unha xira por Italia, Portugal e España, pola sinxela razón, segundo declararía anos despois o propio Ferenc Puskás, de que non tiñan cartos nin para xantar. Algúns destes encontros foron un empate 5-5 contra un combinado de Madrid e unha vitoria 4-3 contra o FC Barcelona.
Dende México chegou unha oferta de asilo político e unha invitación para que o club se unira á liga nacional. Decidiron rexeitala, mais aceptaron acudir a un torneo no Brasil co CR Flamengo e o Botafogo.
Despois disto a FIFA declarou ilegal o equipo e desautorizounos para emprega-lo nome do Hónved. Á volta a Europa, separáronse. Algúns coma József Bozsik regresarían a Hungría mentres que outros coma Zoltán Czibor, Sándor Kocsis ou Ferenc Puskás marcharían para España. Os dous primeiros para o FC Barcelona e Puskas para o Real Madrid.
En 1991 mudou de novo o seu nome a Kispest Honvéd FC. O seu nome actual adoptárono en 2003.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.