From Wikipedia, the free encyclopedia
A Revolución Húngara de 1956 foi unha revolta espontánea de carácter nacional contra o goberno comunista de Hungría e a súa política prosoviética que aconteceu entre o 23 de outubro e o 10 de novembro de 1956.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Dende a morte de Stalin os países do leste viviran unha certa liberalización, malia que controlada e reducida. O líder húngaro, Mátyás Rákosi, non obstante Imre Nagy, comunista reformista, accede ao posto de primeiro ministro, pero Rákosi mantense como secretario xeral do Partido Comunista Húngaro, situación que dura ata 1955 cando Nagy foi destituído do seu posto.
En xuño de 1956 unha revolta popular conseguiu destituír ao goberno e o nomeamento en outubro do comunista liberal Władysław Gomułka como primeiro secretario do Partido Comunista de Polonia, como consecuencia en Hungría pouco despois Ernő Gerő substituía a Rákosi como secretario xeral do Partido Comunista por temor a que o descontento se estendese por Hungría.
Para o 23 de outubro convocárase unha manifestación de solidariedade co pobo polaco, comezou como unha demostración de milleiros de estudantes que marcharon dende o centro de Budapest ao edificio do Parlamento. Unha delegación dos estudantes que entrara no edificio da radio nacional para tentar retransmitir as súas demandas foi detida. Cando os manifestantes demandaban a liberación dos seus compañeiros a Policía da Seguridade do Estado (ÁVH) disparou dende o interior do edificio; a nova esparexeuse rapidamente e a violencia e as desordes invadiron a capital e o resto do país. Milleiros de cidadáns organizáronse en milicias loitando contra a ÁVH e as tropas soviéticas, enviados soviéticos chegan ao país e o 24 Gerő acusado de ser o principal causante da situación é destituído, constituíuse un novo goberno presidido por Imre Nagy que formalmente eliminou a ÁVH e declarou a súa intención de retirar o país do Pacto de Varsovia, abolir a censura e convocar eleccións libres mentres a situación bélica normalizábase coa case fin da loita nas rúas trala retirada das tropas soviéticas de Budapest o 28 de outubro e boa parte do poder real queda das mans dos comités municipais e de fábrica. O 3 de novembro formouse un goberno nacional con representantes socialdemócratas, agrarios e tan só tres comunistas, entrementras János Kádár formou tamén ese día pola tarde un novo goberno na zona onde se concentraban as tropas soviéticas que pide axuda á Unión Soviética.
O 4 de novembro forzas do Pacto de Varsovia, fundamentalmente soviéticas, entraron en Budapest, matando milleiros de civís, o goberno refuxiouse na embaixada iugoslava e accederon a saír para seren conducidos ao estranxeiro mais finalmente serán executados, o 5 de novembro os soviéticos controlan case todo o país e a resistencia organizada cesou o 10 de novembro, producíndose arrestos masivos, estímase en 200.000 húngaros os que saíron do país como refuxiados. En xaneiro de 1957 o novo goberno prosoviético suprimira toda oposición pública. A invasión soviética de Hungría tivo como consecuencia unha fonda reflexión entre algúns intelectuais da esquerda europea e a retirada do apoio de moitos marxistas occidentais ao comunismo soviético.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.