Bruno Mars

Cantante, bailarín, compositor e produtor musical estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Bruno Mars

Peter Gene Hernández[1], nado en Honolulu (Hawai) o 8 de outubro de 1985 é un cantante e músico de pop, soul, R&B e reggae fusion estadounidense, coñecido polo nome artístico de Bruno Mars.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

De ascendencia filipina por vía materna e portorriqueña por vía paterna, criouse en Honolulu nunha familia de músicos, e comezou a facer música a unha idade temperá (aos 2 anos). Tras actuar en diversos espectáculos musicais na súa cidade natal durante toda a súa infancia, decidiu seguir unha carreira musical e trasladouse aos Ánxeles logo de graduarse da escola secundaria. Mars comezou a producir cancións para outros artistas, ao unirse ao equipo de produción The Smeezingtons.

Logo dunha tempada sen éxito con Motown Records, Mars asinou con Atlantic Records en 2009. Chegou a ser recoñecido como artista en solitario despois prestar a súa voz e ter co-escrito os coros para as cancións "Nothin' on You" de B.o.B, e "Billionaire" de Travie McCoy. Tamén co-escribiu os éxitos internacionais "Right Round" de Flo Rida, "Wavin' Flag" de K'naan e Fuck You! de Cee O Green. O 4 de outubro de 2010, lanzou o seu álbum debut, "Doo-Wops & Hooligans". Logrou colocar no primeiro posto os seus sinxelos "Just the Way You Are" e "Grenade" ao redor do mundo. Foi nomeado a sete premios Grammy nos 53rd Grammy Awards, gañando na categoría Best Male Pop Vocal Performance (Mellor Interpretación Vocal Pop Masculina por "Just the Way You Are").

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.