Brian Scalabrine

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Brian Scalabrine

Brian David Scalabrine, nado o 18 de marzo de 1978, en Long Beach (California), é un ex xogador de baloncesto estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Brian Scalabrine
Thumb
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1978 (46 anos)
Long Beach, Estados Unidos de América
EducaciónHighline College (en)
Universidade do Sur de California
Enumclaw High School (en)
Altura206 cm
Peso107 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto
Período de actividade2001 - 2012
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoAla-pivote e Ala
Convocado porBrooklyn Nets
Traxectoria
  Equipo
Boston Celtics
Chicago Bulls
Pallacanestro Treviso
1998–2001 USC Trojans
Premios

Pechar

Traxectoria

Universidade

Xogou durante 3 tempadas cos Trojans da Universidade de Southern California, onde promediou 15,7 puntos e 6,1 rebotes por partido.

Profesional

Foi seleccionado no Draft da NBA de 2001 polos New Jersey Nets na posición 35. Alí xogou durante 4 tempadas, onde na súa derradeira tempada asinou os mellores números da súa traxectoria, ao facer 6,3 puntos e 4,5 rebotes por partido.

Na tempada 2005-06 asinou un contrato cos Celtics, o 2 de agosto de 2005 por 5 anos a razón de 15 millóns de dólares. Na súa primeira tempada en Boston fixo medias de 2,9 puntos e 1,6 rebotes en 13,2 minutos de partido. Uns números que serían semellantes aos das seguintes 3 tempadas en Boston. O 21 de setembro de 2010 asinou un contrato non garantido cos Chicago Bulls.

O 22 de setembro de 2011, Scalabrine asinou co Benetton Treviso da liga italiana.[1] Deixou o equipo en decembro de 2011 para atopar algunha oportunidade na NBA.[2] O 12 de decembro de 2011, asinou de novo cos Chicago Bulls.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.