From Wikipedia, the free encyclopedia
Bradyrhizobium japonicum é unha especie de bacteria fixadora do nitróxeno microsimbiótica que forma nódulos radiculares en legumes. A especie é un bacilo gramnegativo que pertence o grupo dos rizobios. Dentro dese grupo de organismos clasifícase no grupo de homoloxía II (dos tres que se estableceron por secuenciación do ADN).[2]
Bradyrhizobium japonicum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sección transversal dun nódulo radicular de soia (Glycine max 'Essex') con simbiosomas con bacteroides de Bradyrhizobium japonicum | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
B. japonicum engádese a sementes de legumes para mellorar o rendemento das colleitas de legumes,[3] particularmente en áreas do mundo nas que a bacteria non é nativa.[4] A miúdo o inoculado adhírese ás sementes antes de plantalas usando unha solución de azucre.[5]
Unha cepa de B. japonicum, a USDA110, leva sendo utilizada como organismo modelo desde 1957. É amplamente utilizado en estudos de xenética molecular, fisioloxía vexetal e ecoloxía vexetal debido á súa actividade de fixación do nitróxeno relativamente superior na planta da soia (comparado con outras especies de rizobios). Secuenciouse o seu xenoma completo en 2002, o que revelou que a especie tiña un só cromosoma circular con 9.105.828 pares de bases.[6]
B. japonicum pode degradar as catequinas coa formación do ácido carboxílico floroglucinol, que segidamente é descarboxilado a floroglucinol, que é deshidroxilado a resorcinol e hidroxiquinol.[7]
B. japonicum posúe o xene nosRZDFYLX, que axuda na desnitrificación e ten dúas subunidades catalíticas, Cu-a e Cu-z (con varios residuos de histidina). Controla unha fervenza de expresión que pode percibir os gradientes de oxíxeno, denominada 'FixJ-FixK2-FixK1.' FixJ regula positivamente a FixK2, que activa os xenes de respiración de nitróxeno, así como a FixK1. Os mutantes de FixK1 son incapces de respirar o nitróxeno debido a unha subunidade catalítica de cobre defectuosa (Cu-z) en nosRZDFYLX.[8]
A transformación xenética natural en bacterias é un proceso parasexual que implica a tansferencia de ADN dunha célula a outra a través do medio que as separa, e a integación da secuencia doante no xenoma do recipiente por recombinación homóloga. As células B. japonicum poden sufrir transformación.[9] Fanse competentes para a captación do ADN durante a fase logarítmica tardía.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.