Boteiro
Personaxe do Entrudio da comarca de Viana do Bolo From Wikipedia, the free encyclopedia
O boteiro é un personaxe do folclore de Galiza vinculado ás festas do Entroido[1] da comarca vianesa; está presente nos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña[2]. Agora ben, segundo a zona de procedencia, a súa vestimenta e comportamentos mudan[3].

Características
A diferenza máis evidente entre os boteiros de Vilariño de Conso e os de Viana do Bolo está na careta.
A máscara de Vilariño está feita con pel de cabra ou de cartón, de cor rosa, e leva barba e bigote; en cambio, a vianesa é tallada en madeira de bidueiro e de cor negra[4]. A pantalla da de Vilariño adoita ser cadrada e de cartón, mentres que a de Viana está feita sobre un armazón de ferro recuberto por papel de seda de cores.
O traxe está composto por[5][6]:
- Unha camiseta de cores feita con fitas cosidas pregadas en acordeón
- Camisa branca e gravata
- Luvas
- Un pantalón con flocos nos laterais
- Un cinto con esquilas
- As legues, polainas de coiro, negras
- Unhas botas negras
- A monca, un pau coroado por un rabo de raposo ou por unha borla, que o boteiro emprega a modo de pértega para dar saltos.

Funcións
O boteiro é o líder da comitiva de entrudio coñecida como folión. As súas funcións, a maiores de dar botes e carreiras como forma de animación, son:
- Pedir permiso na entrada das aldeas visitadas.
- Abrir paso entre a multitude ó folión[7].

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.