música estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Bonnie Lynn Raitt (|reɪt|[1]), nada en Burbank (California) o 8 de novembro de 1949, é unha cantante de blues, guitarrista, compositora e activista estadounidense.
Durante a década de 1970, Raitt publicou unha serie de álbums que incorporaban elementos de blues, rock, folk e country. Tamén tocou e colaborou habitualmente con outros artistas, como Warren Zevon, Little Feat, Jackson Browne, The Pointer Sisters, John Prine e Leon Russell. En 1989, tras varios anos de boas críticas mais pouco éxito comercial, triunfou co álbum Nick of Time. Os seus seguintes dous discos, Luck of the Draw (1991) e Longing in Their Hearts (1994), tiveron vendas millonarias, xerando varios sinxelos, incluídos "Something to Talk About", "Love Sneakin' Up On You" e a balada "I Can't Make You Love Me" (con Bruce Hornsby no piano).
Raitt recibiu dez premios Grammy. Foi situada no posto 50 na listaxe de Rolling Stone dos "100 Grandes Cantantes da Historia"[2] e no número 69 da listaxe dos "100 Grandes Guitarristas da Historia".[3] O artista australiano de música country Graeme Connors dixo "Bonnie Raitt hace algo cunha letra que ninguén máis pode facer; dóbraa e retórcea directa ao teu corazón".[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.