especie de crustáceo From Wikipedia, the free encyclopedia
O boi de mar ou simplemente boi (Cancer pagurus, Linné 1758 [2]) é un crustáceo comestible da orde dos decápodos, de grande interese comercial en Galicia. En galego recibe tamén os nomes de noca, isqueiro ou esqueiro[3].
Boi de mar | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Cancer pagurus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Sinonimia [1] | |||||||||||||||||||
|
É a especie do xénero Cancer que alcanza maiores tamaños, cun cacho de ata 20 cm de longo e 30 cm de ancho, e pesos de ata 4–6 kg, se ben son absolutamente infrecuentes estes tamaños.
Ademais do nome común de boi, ou boi de mar, recibe tamén os nomes de:
Os exemplares máis pequenos denomínanse caghón, raeiro ou reeiro.
Como corresponde á denominación taxonómica da Orde, posúe dez patas, entre as que destaca o primeiro par, dotado dunhas pinzas grandes e moi fortes, coas puntas negras (quelípodos) e dentes romos nas marxes internas. Atribúese o nome común á semellanza destas pinzas cos cornos dun boi[5].
"Llaman los gallegos 'bois' a unos como cangrejos grandes, pero no redondos sino largos de casi un palmo con la crusta tersa y con dos brazos monstruosos; del latín 'boves'. Y porque dichos brazos, que en latín llaman 'chelas', en gallego 'cocas', representan la cornamenta de un buey, se llamaron 'bois' "Fr. Martín Sarmiento: Colección 1746-1770
As outras son finas, con pelos (ou sedas) ríxidos, curtos e abundantes, sen espiñas, e rematadas en uñas agudas e simples.
O cacho é ovoide, máis ancho ca longo, de cor castaña avermellada, variando segundo o tempo trascorrido trala última muda; os exemplares novos tiran a púrpura. A superficie superior do cacho é lisa, cun fino granulado. Mostra no bordo anterior 9-10 festóns a modo de anchos dentes a cada lado, separados por fisuras pechadas. O ventre é de cor máis clara, case abrancazada.
O abdome queda recollido baixo o cefalotórax, e permite unha fácil identificación do sexo do exemplar: nos machos é estreito e ten 5 segmentos; nas femias é ancho, redondeado e con 7 segmentos.
Trátase dunha especie de fondo, que vive a profundidades que oscilan entre os 30 metros, no verán, e os 100, no inverno, sobre fondos areosos ou rochosos. Os exemplares máis novos, ata 5–6 cm, viven na zona intermareal. Depreda sobre outros invertebrados que colonizan o fondo mariño.
Habita en toda a costa atlántica europea, desde o norte de Marrocos ó norte de Noruega (ata uns 70 º N); existen rexistros, pero escasos e antigos, na costa norte do Mediterráneo.
A cópula ten lugar trala muda das femias, que almacenan o seme durante períodos de ata 12-14 meses. A posta de ovos realízase a partir de outono, quedando recollidos polo abdome e os seus apéndices baixo o corpo da femia durante 6-8 meses. As larvas eclosionan no verán e teñen hábitos peláxicos ata que ós 2-3 meses, tras varias mudas, establécense xa no fondo, cun tamaño duns poucos milímetros e xa coa forma característica. É de crecemento moi lento: alcanzan a madurez ó cabo de 5-6 anos de idade, cando chegan a tamaños de 12 cm de lonxitude.
Captúrase mediante nasas, cebadas con peixe, ou con artes de arrastre, se ben tamén se poden coller na baixamar baixo as rochas. O talle mínimo son 10 cm (no eixo menor) e a veda está aberta entre novembro e xuño.
Nos últimos anos aumentaron considerablemente as importacións de exemplares procedentes doutros países europeos, como Francia, Reino Unido ou Irlanda. A orixe francesa era a máis frecuente nos primeiros anos desta importación, polo que hoxe, a denominación no mercado distingue comercialmente os bois da ría (de orixe galega) e bois de Francia (de orixe foránea). O galego distínguese porque ten máis pelo nas patas e máis dentes nas pinzas có foráneo.
As capturas desta especie en Galicia [6] oscilaron considerablemente nos últimos anos: na década 2000-2009 hai un mínimo de 2.795 kg en 2001 a un máximo de 22.210 kg en 2005. En 2009, capturáronse 15.733 kg, cun valor de 98.946 euros.
Respecto a cifras totais no mundo, só témo-los datos da FAO referidos a 1999, con pouco máis de 40.000 toneladas, destacando o Reuno Unido, con case 20.000, e Francia, con 8.500.
Pode comercializarse de diversas formas: vivo ou cocido (e, neste caso, fresco ou conxelado).
Adoitan prepararse na cociña simplemente cocidos, con sal, ou preparados en salpicón. Gastronomicamente valóranse máis as femias, por teren máis carne e ser esta máis firme.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.