From Wikipedia, the free encyclopedia
Os blastómeros son un tipo de células embrionarias animais indiferenciadas resultantes da segmentación do cigoto despois da fecundación. Estas células posúen totipotencia, é dicir, que poden dar orixe a células de calquera tecido.
No ser humano, os blastómeros orixínanse despois da fecundación e divídense por mitose. Dous días despois da fecundación hai 4 blastómeros, e uns 8 ao terceiro día.
Os blastómeros divídense rápida e repetidamente durante os primeiros días da xestación aínda que o tamaño do embrión permanece constante (aumenta o número de células mais non o seu tamaño). Pasados catro días, o ovo fecundado ten máis de 32 blastómeros, recibindo a partir dese momento o nome de mórula.[1] Posteriormente prodúcese a blastulación, que representa o inicio da diferenciación celular de tal maneira que un grupo de blastómeros se sitúan formando unha envoltura externa denominada trofoblasto, que posteriormente dará orixe á placenta, mentres que outros se agrupan constituíndo a masa celular interna ou embrioblasto que dará orixe ao embrión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.