Remove ads

Biomedicina é un termo que engloba o coñecemento e a investigación que é común aos campos da medicina e os doutras ciencias biolóxicas, como a bioquímica, a inmunoloxía, a química, a bioloxía, a histoloxía, a xenética, a embrioloxía, a anatomía, a fisioloxía, a patoloxía, a zooloxía, a botánica e a microbioloxía.[1]

Thumb
Parede do Instituto Biomédico da Universidade Federal Fluminense, no Brasil.

Procedementos

A biomedicina relaciónase coa práctica da medicina, e aplica todos os principios das ciencias naturais á práctica clínica, mediante o estudo e investigación dos procesos fisiopatolóxicos, considerando desde as interaccións moleculares até o funcionamento dinámico do organismo, a través das metodoloxías aplicadas na bioloxía, a química e a física.[2][3]

Deste xeito permite a creación de novos fármacos, menos tóxicos ou invasivos, e perfecciona o diagnóstico precoz de enfermidades e o tratamento destas.[4]

Remove ads

Premio Nobel de Medicina 2008 no Parlamento Europeo

Luc Montagnier estivo no Parlamento Europeo, o día 1 de abril de 2009, no ámbito da Conferencia dedicada ao "Futuro da investigación biomédica no século XXI". Nunha entrevista exclusiva ao sitio oficial do Parlamento Europeo, o médico francés referiu que «o principal obxectivo (da investigación científica do VIH) debe ser a creación dunha vacina terapéutica, non nos debemos centrar na vacina preventiva».[5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads