Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bidankoze (en castelán e tamén oficial: Vidángoz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 87 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 94 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 39,20 km² e a súa densidade de poboación é de 2,4 hab./km².
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade foral | Navarra | ||||
Capital | Vidángoz-Bidankoze (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 75 (2023) (1,91 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 39,2 km² | ||||
Altitude | 775 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Main Urzainqui | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 31413 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 31252 | ||||
O escudo de armas da vila de Bidankoze ten o seguinte brasón:
Cuartelado. 1.º, de azur e unha ponte de tres arcos de ouro e sobre el a testa coroada dun rei moro. 2.º, de goles e un lebrel de prata sinistrado. 3.º, de goles e un castelo de prata. 4.º de azur e tres rochas de ouro.
Este brasón é privativo de todo o val de Roncal e de cada unha das súas vilas en particular.[1]
A localidade de Bidankoze atópase na parte nordeste de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita polo norte co concello de Uztarroze, polo sur co de Burgui, polo leste co de Erronkari e polo oeste cos de Galoze, Gorza, Sartze, Espartza Zaraitzu, Orontze e Ezkaroze.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.