A Biblioteca do Estado Ruso (en ruso: Российская государственная библиотека, trans.: Biblioteca Estatal da Rusia) é a biblioteca nacional de Rusia e está situada en Moscova.[1] Non se debe confundir coa Biblioteca Nacional Rusa, situada en San Petersburgo. É a terceira biblioteca máis grande do mundo en número de libros, con máis de 17 millóns de volumes, e a máis grande do país.
A biblioteca data de xullo de 1862, cando se abriu como a primeira biblioteca pública en Moscova, no interior do Museo Rumyántsev. Despois da revolución bolxevique, os seus fondos ampliáronse e buscouse un novo espazo para iso. Desde 1925 foi chamada Biblioteca Lenin da URSS, conservando tal apelativo até a caída do réxime soviético en 1991, cando se rebautizou con súa denominación actual. Ocupa diversos edificios dado o gran tamaño das súas coleccións, que inclúen publicacións periódicas (13 millóns), mapas (150.000), partituras musicais e rexistros sonoros (350.000).
Os seus fondos esténdense a máis de 200 idiomas; a porcentaxe total dos fondos da biblioteca noutros idiomas chega case ao 30%. Entre 1922 e 1991, había a obriga de depositar unha instancia de cada libro publicado na URSS, unha práctica que continúa hoxe en referencia á Federación de Rusia.[2]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.