Guerreiro que loitaba con furia en estado de transo From Wikipedia, the free encyclopedia
No corpus literario do antigo nórdico, o berserker (ou "berserk"; nórdico antigo: berserkir) era un guerreiro que supostamente loitaba con furia en estado de transo. Os berserkers aparecen documentados en numerosas fontes do nórdico antigo, e o seu nome pódese interpretar literalmente como "abrigos de oso", xunto con úlfhéðnar ("abrigos de lobo").
O termo deriva dos termos en nórdico antigo ber-serkr (en plural ber-serkir) que posiblemente quere dicir "camisa de oso" ou "abrigo de oso", como un guerreiro salvaxe ou un campión da era viquinga, aínda que esta interpretación é controvertida.[2] O elemento ber- foi interpretado polo historiador do século XIII Snorri Sturluson como "espido", segundo o cal se entende que os guerreiros entraban en batalla co torso espido, ou sen armadura.[2][3] Esta palabra tamén é usada en ber-skjaldaðr que quere dicir "espido de escudo", ou sen escudo. Outros derivan este termo de berr (do alemán, bär = oso);[2] O punto de vista de Snorri foi amplamente abandonado.[4]
Algúns autores afirman que esa tradición guerreira tivo orixe na maxia da caza[5] aparecendo, principalmente, tres cultos relacionados con animais: o oso, o lobo e o xabaril.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.