Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bell YOH-4 (orixinalmente YHO-4) foi un helicóptero lixeiro monomotor desenvolvido para o programa Light Observation Helicopter (LOH) do Exército dos Estados Unidos. A pesar de que o YOH-4A non tivo éxito na competición orixinal do LOH, Bell redeseñouno como o Bell 206A JetRanger de liñas limpas para o mercado comercial, conseguindo un éxito instantáneo e duradeiro. En 1967 o Exército volveu a abrir a competición LOH, e o OH-58 Kiowa, baseado no 206A, foi escollido.
Bell YOH-4 | |
---|---|
Tipo | helicóptero de observación/exploración |
Fabricante | Bell Helicopter |
Primeiro voo | 8 de decembro de 1962[1] |
Unidades construídas | 5[2] |
Variantes | Bell 206A JetRanger |
O 14 de outubro de 1960 a Armada dos Estados Unidos solicitou respostas a 25 fabricantes aeronáuticos a unha solicitude de propostas no nome do Exército para un Helicóptero de Observación Lixeiro (LOH). Bell entrou na competición xunto con outros 12 fabricantes, incluídos Hiller Aircraft e Hughes Tool Co., Aircraft Division. En xaneiro de 1961 Bell presentou o deseño 250 (D-250), que finalmente sería designado como o YHO-4. O 19 de maio de 1961, Bell e Hiller foron anunciados como gañadores da competición de deseño.[3]
Bell fabricou cinco prototipos do D-250, como Model 206, en 1962, facendo o primeiro prototipo o seu voo de estrea o 8 de decembro dese ano. Ao pouco tempo todas as aeronaves comezaron a designarse segundo un novo sistema, polo que o prototipo pasou a ser chamado YOH-4A. O YOH-4A tamén era coñecido co nome Ugly Duckling (O parrulo feo) en comparación cos seus competidores.[4] Tras probar os prototipos de Bell, Hughes e Fairchild-Hiller, o Hughes OH-6 foi seleccionado en maio de 1965.[5]
Despois do errado contrato militar, Bell intentou comercializar o Model 206, pero non lle foi ben comercialmente. A investigación de mercado de Bell amosou que os clientes pensaban que o deseño era desagradable. Bell finalmente redeseñaría o corpo do aparello para ter un deseño máis atractivo e estético e o reintroduciu como o Bell 206A JetRanger.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.