Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bell 206 é unha familia de helicópteros de dúas palas, dun ou dos motores, fabricada por Bell Helicopter na súa planta de Mirabel, Quebec. Foi desenvolvido orixinalmente como o Bell YOH-4 para o programa Light Observation Helicopter do Exército dos Estados Unidos de América, aínda que finalmente non foi escollido. Bell redeseñou a célula e comercializou exitosamente o aparello como o helicóptero de cinco prazas Bell 206A JetRanger. O novo deseño foi finalmente seleccionado polo Exército como o OH-58 Kiowa. Bell tamén desenvolveu o LongRanger de sete prazas, que posteriormente ofreceuse cunha versión de dous motores chamada TwinRanger, mentres que Tridair Helicopters ofrece unha conversión semellante do LongRanger chamada Gemini ST.
Bell 206 | |
---|---|
Bell 206 da policía dos Ánxeles | |
Tipo | helicóptero utilitario multipropósito |
Fabricante | Bell Helicopter |
Primeiro voo | 8 de decembro de 1962 |
Introducido | 1967 |
Produción | 1962-presente |
Unidades construídas | 7 300[1] |
Variantes | Bell OH-58 Kiowa |
O 14 de outubro de 1960 a Armada dos Estados Unidos de América solicitou respostas de 25 fabricantes de aeronaves a unha solicitude de propostas para o Helicóptero de Observación Lixeiro do Exército (LOH en inglés). Bell entrou na competición xunto con outros 12 fabricantes, como Hiller Aircraft e Hughes Tool Co., Aircraft Division.[2] Bell enviou o deseño D-250, que sería designado YHO-4.[3] O 19 de maio de 1961 Bell e Hiller foron anunciados como gañadores da competición de deseño.
Bell desenvolveu o deseño D-250 no helicóptero Bell 206, redesignado YOH-4A en 1962, e fabricou cinco prototipos para a fase de probas e avaliación do Exército. O primeiro prototipo voou o 8 de decembro de 1962.[4] O YOH-4A tamén chegou a ser coñecido como "The Ugly Duckling" (O parrulo feo) en comparación cos outros aparellos do concurso.[4] Tras un avance dos prototipos de Bell, Hughes e Fairchild-Hiller, o Hughes OH-6 foi escollido en maio de 1965.[5]
Cando o YOH-4A foi eliminado polo Exército, Bell resolveu o problema de comercializar o aparello. Ademais do problema de imaxe, o helicóptero non tiña espazo de carga e só proporcionaba un aloxamento reducido para os tres pasaxeiros planeados. A solución pasou por unha fuselaxe redeseñada, máis elegante e esteticamente atractiva, engadindo 0,45 m³ de espazo para carga no proceso.[6] Un executivo de Bell axudou a ese redeseño debuxando nun bosquexo dúas liñas que estendían a fuselaxe ata onde se atopaba coa cola. O redeseño foi designado Bell 206A, e o presidente da compañía President Edwin J. Ducayet chamouno JetRanger, que denota unha evolución do polular Model 47J Ranger.
O 206L LongRanger é unha variante estendida con asentos para sete ocupantes. A fuselaxe, alongada 76 cm, engade dous asentos mirando cara a atrás entre as outras ringleiras. Dende 1975 Bell fabricou máis de 1 700 LongRanger de todos os tipos. En 1981 apareceu unha versión militar, o 206L TexasRanger. O 206L orixinal usaba un motor Allison 250-C20B, e unha serie de modelos mellorados incorporaron o motor en versións máis potentes; o 206L-1 usaba un 250-C28, e os 206L-3 e 206L-4 utilizaban o 250-C30P.
En 2007 Bell anunciou un programa de mellora para os 206L-1 e 206L-3 para modificar a aeronave para a configuración 206L-4; os avións modificados desígnanse 206L-1+ e 206L-3+. Entre as modificacións inclúese compoñentes estruturais da fuselaxe reforzados (incluída unha nova pluma de cola), unha transmisión mellorada e motor acualizado á versión L-1. Todas estas melloras incrementaron o peso máximo do aparello unhas 300 libras e aumentaron o seu rendemento.
O 24 de xaneiro de 2008 Bell Helicopter anunciou plans para remata a produción da versión Bell 206B-3 despois de que se cumprisen os compromisos presentes en 2010.[7] Porén, a fabricación do 206L-4 continuaba adiante no ano 2018.
O nome TwinRanger data de mediados dos anos 80 cando Bell desenvolveu o Bell 400 TwinRanger, pero nunca entrou en produción.[8]
En 1989 Tridair Helicopters comezou a desenvolver unha conversión con dous motores do LongRanger, o Gemini ST. O primeiro voo do prototipo tivo lugar o 16 de xaneiro de 1991 e a certificación da FAA chegou no mes de novembro. A súa certificación cobre a conversión dos LongRanger 206L-1, L-3 e L-4 á configuración Gemini ST.[8] A mediados de 1994 o Gemini ST foi certificado como o primeiro aparello Single/Twin, permitíndolle operar cun motor ou dous en todas as fases do voo.[8]
O Bell 206LT TwinRanger foi un novo modelo de produción equivalente ao Gemini ST de Tridair e estaba baseado 206L-4. Fabricáronse 13 206LT, o primeiro deles entregado en xaneiro de 1994 e o derradeiro en 1997. O TwinRanger foi substituído polo novo Bell 427,[8] mentres que Bell pretende que o Bell 505 Jet Ranger X para substituír as versións dun só motor do 206 dende o 2015 e competir co Robinson R66.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.