lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Carballo From Wikipedia, the free encyclopedia
Bas é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 45 habitantes no ano 2019 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales eran 23 homes e 22 mulleres. Hoxe en día o número de habitantes de Bas esta decaendo ao mesmo tempo que envellece.
Bas | |
---|---|
Parroquia | Goiáns |
Concello | Carballo |
Coordenadas | 43°13′12″N 8°44′18″O |
Poboación | 45 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bas é a aldea máis antiga e que máis preto se atopa de Carballo, isto nótase na forma antiga de construción das súas casas, polo que podemos atopar antigas casas de pedra nas que se gardan antigos instrumentos de labranza xa que Bas é unha aldea na que os seus habitantes sempre se adicaron á labranza e ao coidado dos animais.
En Bas, son coñecidos os veciños por alcumes coma os de Agosto, o do Reino, a Padula, os da Costa, os da Pedreira ou polo seu apelido como son os de Moreira.
Aínda que a maior parte do terreo de Bas é terreo rural e non se pode construír, actualmente estase a construír unha casa en Bas nunha zona edificable, polo que se pode lle asegurar unha xeración mais de vida a esta antiga aldea.
Lugares da parroquia de Goiáns no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
Bas | A Costenla | Goiáns de Arriba | Goiáns do Rego | A Igrexa | O Piñeiro | Vilanova | Xoane | Xoane da Estrada |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.