bandeira do estado brasileiro do Acre From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira do Acre é un dos símbolos oficiais do estado do Acre, no Brasil.[1] A bandeira actual foi presentada pola Lei nº. 1170 o 22 de decembro de 1995, adoptando o deseño da bandeira da República do Acre.
O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción 7:10, dividido por unha liña diagonal dende a esquerda inferior á dereita superior. A esquerda superior é amarela cunha estrela vermella na esquina, e o dereita inferior é verde.[2]
As principais cores da bandeira (verde e amarelo) son as mesmos que a bandeira do Brasil e son unha representación da integración no Brasil; por separado cada cor ten un significado específico:
A estrela vermella na esquina superior esquerda, chamada a "Estrela Solitaria", representa o sangue dos valentes que loitaron pola anexión do estado do Acre ao Brasil. A bandeira foi adoptada oficialmente polo gobernador Epaminondas Jácome.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.