From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha bandada, bandado ou bando,[2] é un grupo de aves, en xeral da mesma especie, aída que non necesariamente, que actúan de modo homoxéneo mentres voan ou se alimentan.
Este termo é similar ao concepto de manda entre os mamíferos.
Os beneficios de asociárense en bandadas son variados, e cada bandada fórmase para un propósito específico. Ser parte dunha bandada tamén ten custos, sobre todo para as aves subordinadas socialmente, que son sometidas polas dominantes; e tamén en ocasións se sacrifica certa eficiencia á hora de alimentarse.[3]
Os principais beneficios son a seguridade que produce un gran número de exemplares, e un aumento, polo xeral, da eficiencia na busca de alimentos. E defensa contra os depredadores é especialmente importante en hábitats pechados, como os bosques, onde a táctica da emboscada é moi común, e unha gran cantidade de ollos contribúen a un bo sistema de alerta rápida. Isto levou ao desenvolrmento de bandadas compostas por pequenos números de moitas especies diferentes e unidas para a alimentación; estas bandadas aumentan a seguridade e reducen a competencia potencial polos recursos, en comparación coas bandadas monoespecíficas.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.