avogado, sociólogo e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Baldomero Cores Trasmonte, nado en Cee o 14 de outubro de 1929 e finado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 2014, foi un avogado, xornalista, sociólogo, catedrático e escritor galego.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1929 Cee, España |
Morte | 24 de decembro de 2014 (85 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, sociólogo, escritor |
Empregador | Universidade de Porto Rico (1968–1983) Universidade Complutense de Madrid |
Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Social de Santiago de Compostela e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983).
Foi cronista de Cee durante os seus últimos 60 anos.[1] Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego.
En 1983 retornou da súa prolongada emigración para ser o primeiro letrado do recentemente creado Parlamento de Galicia, participando plenamente no desenvolvemento da lexislación galega.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.