Balcáns
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografía de abrupta. De feito, a rexión toma o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.
Tipo | península rexión cultural rexión histórica rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Cordilleira dos Balcáns | ||||
Localización | |||||
Continente | Europa | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, mar Adriático, Mar Xónico, Mar Exeo e Mar Negro | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Punto máis alto | Musala (2.925,4 m ) | ||||
Superficie | 470.000 km² | ||||
Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.
A causa das connotacións negativas do termo "Balcáns" (debido ás guerras dos Balcáns do século XX), frecuentemente úsase o termo Sueste de Europa. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da Unión Europea do ano 1999 denominada Pacto de estabilidade para o Sueste de Europa, e o diario electrónico Balkan Times cambiou o ano 2003 o seu nome polo de Southeast European Times.
O uso deste termo para designar a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de Romanía e Ucraína, que tamén están situades no sueste do continente europeo.
A fronteira norte da península Balcánica xeralmente se considera que está definida pola liña formada polos ríos Danubio, Sava e Kupa.
Os mares Adriático, Xónico, Exeo e Negro limítana polo oeste, suroeste, sueste e leste, respectivamente.
Os países que compoñen a rexión comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo do Imperio bizantino, despois do Imperio Otomán e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia como país, na derradeira década do século XX.
A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión de Internet en enclaves separados,[1].
Os países que se asocian coa zona dos Balcáns xeralmente son os seguintes:
Ademais, frecuentemente inclúense tamén na lista:
Algunhas rexións dos países incluídos nesta lista como estados balcánicos poden ser, nalgúns aspectos, moi diferentes á rexión balcánica en xeral e, xa que logo, frecuentemente algúns países da periferia desta gran rexión prefiren que non se lles chame países balcánicos. É o caso de Romanía e Eslovenia, pero tamén, ás veces, de Croacia e Grecia.
Actualmente forman parte dos Balcáns os seguintes países:
Outros países non incluídos na rexión balcánica, pero que teñen ou tiveron un papel importante na súa cultura, historia e na súa situación xeopolítica, son os seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.