feminista e autora somalí From Wikipedia, the free encyclopedia
Ayaan Hirsi Ali, nada como Ayaan Hirsi Magan en Mogadixo o 13 de novembro de 1969, é unha activista, escritora, política e feminista atea somalí-holandesa-estadounidense, que é coñecida polos seus puntos de vista críticos do islam e a defensa dos dereitos e da autodeterminación das mulleres musulmás. Oponse activamente ós casamentos forzados, ós crimes de "honra", ós casamentos infantís e á mutilación xenital feminina. Filla do político somalí e líder da oposición Hirsi Magan Isse, ela é unha das fundadoras da organización de defensa dos dereitos das mulleres AHA Foundation.[1]
Cando tiña oito anos, a súa familia deixou Somalia e marchou cara a Arabia Saudita, despois a Etiopía, e acabaron por se instalar en Kenya. Pediu e obtivo asilo político nos Países Baixos en 1992, en circunstancias que máis tarde se tornaron o centro dunha controversia política. En 2003 foi elixida membro da Cámara dos Representantes (cámara baixa do parlamento holandés), representando o Partido Popular para a Liberdade e Democracia (VVD). Unha crise política en torno á posible eliminación da súa cidadanía holandesa levona a renunciar ó parlamento, e supuxo indirectamente a caída do segundo despacho Balkenende en 2006.[2]
Hirsi Ali era unha musulmá devota que abandonou a súa fe e se converteu en atea cunha forte crítica do islam.[3] En 2004, colaborou, escribindo o guión dunha curtametraxe con Theo Van Gogh, titulado Submisión,[4] un filme que retrataba a opresión das mulleres baixo a lei islámica. O filme provocou moitas controversias e ameazas de morte. Van Gogh foi asasinado máis tarde aquel ano por Mohammed Bouyeri, un terrorista islámico marroquí-holandés. Hirsi Ali mantén que "o islam é parte relixión, e parte doutrina político-militar, e a parte que é unha doutrina política contén unha visión de mundo, un sistema de leis e un código moral que é totalmente incompatíbel coa nosa Constitución, as nosas leis, e o noso modo de vida."[5] Tendo anteriormente argumentado que o islam estaba alén da reforma, no seu máis recente libro Heretic (2015), apela a unha reforma do islam derrotando os islamitas e apoiando os musulmáns reformistas.[6]
En 2005, ela foi nomeada pola revista Time como unha das 100 persoas máis influentes do mundo.[7] Tamén recibiu varios premios, inclusive un premio de liberdade de expresión do xornal danés Jyllands-Posten, o Premio Democracia do Partido Liberal Sueco,[8] e o Premio Coraxe Moral de compromiso coa resolución de conflitos, ética e cidadanía mundial.
Casou co historiador británico e comentarista público Niall Ferguson. Conseguiu a cidadanía dos Estados Unidos o 25 de abril de 2013.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.