Axila

From Wikipedia, the free encyclopedia

Axila

A axila, sobaco ou sobrazo é a parte do corpo imediatamente oposta á parte exterior do ombro, ou dito doutra maneira, a parte inferior da unión do brazo co tronco, exactamente na articulación [1][2] .

Máis información Latín, Gray's ...
Axila
Thumb
Latín axilla
Gray's pág.585
Arteria Arteria axilar
Vea Vea axilar
Nervio(s) Nervio axilar, fascículo medial, fascículo posterior, fascículo lateral
Linfa Ganglios linfáticos axilares
MeSH Axilla
Pechar

É un espazo cheo de graxa, con forma de cono truncado, e está situada entre a parede torácica e lateral do brazo. No seu ápice é delimitada polo bordo superior da escápula, o bordo externo da primeira costela e o terzo medio da clavícula. A base da axila está formada pola pel e tecido subcutáneo. A través da axila as estruturas pasan a partir do triángulo posterior do pescozo ao membro superior.

Arteria axilar

A arteria axilar comeza a continuación da arteria subclavia no exterior das fronteiras da primeira costela, debaixo da media da clavícula.

Vea axilar

Artigo principal: vea axilar

A vea axilar é un vaso sanguíneo que conduce o sangue da parte lateral do tórax, axila e membro superior en dirección ao corazón. Este vaso é bilateral e iniciase na marxe inferior do músculo redondo maior ao unirse as veas basílica e braquial, e termina na marxe lateral da primeira costela, sitio onde se converte na vea subclavia.[3] Ao longo do seu traxecto é acompañada pola arteria axilar.

A obstrución da vea axilar por un trombo, aínda que non é tan frecuente como nas veas da perna, ocasionalmente ocorre despois de infusión prolongada hiperosmótica de fluídos e/ou alimentación intravenosa. A consecuencia é un edema agudo do membro superior e, posibelmente, embolia pulmonar.

Sistema linfático

Os vasos linfáticos na axila son superficiais ou profundos. Medialmente os vasos linfáticos acompañan á vea subclavia e terminan nos ganglios axilares.

Nervio axilar

O nervio axilar xorde do fascículo posterior do plexo braquial á altura da axila.

Pelos axilares

Os pelos axilares comezan a aparecer na puberdade, e acaban ao final da adolescencia[4]. A liberación de hormonas na axila nesta fase do desenvolvemento humano suxire unha asociación dos pelos no sobaco coa sexualidade [5].

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.