O avéstico[1] (tamén coñecido como zenda[2], proveniente da palabra avéstica zainti, que significa 'interpretación'[3]) é unha lingua iraniana oriental, próxima ao sánscrito, pertencente á familia das linguas indoeuropeas, empregada na antiga Persia, na que está escrito o Avesta (tamén chamado Zendavesta[4]), o libro sagrado do zoroastrismo.
Avéstico
avesta | ||
---|---|---|
Falado en: | Persia antiga | |
Extinción: | século VIII; lingua litúrxica en uso | |
Familia: | Indoeuropea Indo-iraniana Iraniana Avéstico | |
Escrita: | Alfabeto avéstico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ae | |
ISO 639-2: | ave | |
ISO 639-3: | ave
| |
Características xerais
O avéstico tiña tres xéneros gramaticais: masculino, feminino e neutro e tres números: singular, dual ou plural. Como outras linguas indoeuropeas, o avéstico é unha lingua flexionada: os substantivos declinan en oito casos (nominativo, acusativo, instrumental, dativo, ablativo, locativo e xenitivo).
O alfabeto avestano é unha evolución da escritura palavi tardía que á súa vez deriva do alfabeto arameo.
Estudo
A lingua avéstica segue a ser estudada e empregada como lingua litúrxica zoroastriana. Un dos filólogos occidentais que mostrou interese nesta lingua foi Rasmus Rask, que publicou Om Zendsprogets og Zendavestas Ælde og Ægthed ("Sobre a idade e a autenticidade da linguaxe Zenda e do Zendavesta").
Notas
- "Dicionario; avéstico-a". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-23.
- "Significado de zenda no Dicionário Estraviz". estraviz.org (en galego-portugués). Consultado o 2022-06-23.
- Barreto, Lima (2017-07-14). Crônicas da Bruzundanga: A literatura militante de Lima Barreto (en portugués). e-galáxia. ISBN 978-85-8474-168-7.
- "Significado de zendavesta no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2022-06-23.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua avéstica |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.