From Wikipedia, the free encyclopedia
August von Pelzeln, nado o 10 de maio de 1825 en Praga e finado o 2 de setembro de 1891 en Oberdöbling, antigo municipio hoxe integrado na cidade de Viena, foi un ornitólogo austríaco.
August von Pelzeln | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1825 Praga, Imperio austríaco |
Morte | 2 de setembro de 1891 Oberdöbling, Viena |
País de nacionalidade | austríaca |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía e zooloxía |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | ornitólogo |
Período de actividade | 1845 - 1891 |
Empregador | Museo Imperial de Viena |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Pelzeln |
Premios | |
Membro da Leopoldina |
Pelzeln estivo a cargo da colección de mamíferos e aves do Museo Imperial de Viena durante corenta anos.
Realizou un notábel traballo sobre 343 especies de aves recolectadas por Johann Natterer no Brasil en 1822.
Estudou as aves recolectadas na Viaxe de Exploración Científica realizada entre 1857 e 1860 pola fragata Novara. A expedición da Novara realizouse coa autorización do emperador de Austria para consolidar a importancia da coroa.
Esta importante expedición partiu de Trieste en abril de 1857, pasou polo Cabo de Boa Esperanza visitano, entre outros territorios, as Filipinas, Australia e Nova Zelandia. Catorce dos corenta e catro integrantes da expedición baixaron a terra para realizaren coleccións científicas.
En 1869 foi elixido membro da sección da zooloxía da Leopoldina.[1]
Na súa honra nomeáronse, entre outras, as especies:
A abreviatura Pelzeln emprégase para recoñocer a August von Pelzeln como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.