Remove ads
club de fútbol de Palma, Illas Baleares From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Deportivo Atlético Baleares (en catalán: Club Esportiu Atlètic Balears) é un club de fútbol de España da cidade de Palma, nas Illas Baleares. Foi fundado en 1920 e actualmente xoga na Primeira Federación.
Atlético Baleares | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Atlético Baleares | ||
Alcume(s) | Balearicos | ||
Fundación | 14 de novembro de 1920 | ||
Estadio | Son Malferit, Palma, Illas Baleares, España | ||
Inauguración | 8 de maio de 1960 | ||
Capacidade | 18.000 | ||
Propietario | Procampo | ||
Presidente | Fernando Crespí | ||
Adestrador | Christian Ziege [1] | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2015–16 | 9º | ||
Vestimenta | Joma | ||
Patrocinador | Air Europa | ||
Na rede | |||
http://www.cdatb.com | |||
| |||
Os antecedentes do club remóntanse á creación do Mècanic Futbol Club (1920), un equipo formado polos traballadores da compañía Isleña Marítima e que tiña no seu equipamento as cores branquiazuis. En 1920 o Mècanic FC fusiónase co Mallorca FC para formar o Baleares Futbol Club.
O 27 de maio de 1942 naceu o actual Atlético Baleares a partir da absorción do Athletic Futbol Club (creado en 1922) por Baleares FC, con Pedro Serra como presidente. O equipo logrou os seus maiores éxitos nos anos 50, cando en 1951 ascendeu a Segunda División. Nesa categoría estivo desde 1951 ata 1953, e tras descender volveu xogala de 1961 ata 1963.
O equipo descendeu a Terceira División nos anos 90 e pasou o seu peor momento no ano 2005, cando baixou á Rexional Preferente Balear. Con todo, o club puido ascender a Terceira. Na tempada 2007-08, o Atlético Baleares regresou a Segunda B tras quedar primeiro na fase regular e vencer por 2 a 0 ao SD Gernika Club. Tras descender a Terceira na tempada 2008-09, o club conseguiu o campionato de liga 2009-10 e xogou en Segunda B a tempada 2010-11 logo de gañar ao CD Tudelano no play-off de ascenso.
A tempada 2011-12 marcouse o obxectivo de clasificarse entre os catro primeiros para xogar a promoción. Logo dunha brillante liga regular, o Atlético Baleares proclamouse campión do grupo 3 e disputou o playoff contra o Mirandés, co ascenso directo en xogo. O equipo non superou a eliminatoria (1-0 en Miranda e 1-2 no Estadio Balear) e viuse abocado a xogar as eliminatorias de repesca para o ascenso. Tocoulle o Lugo, ao cal tampouco puido superar (3-1 en Lugo e 0-0 no Estadio Balear).
|
|
|
|
O Estadio Balear, inaugurado en 8 de maio de 1960 atópase na localidade de Palma, próximo á autovía coñecida como Vía de cintura, por iso é polo que se lle coñeza tamén como o Estadio de la Vía de Cintura.
Ten unha capacidade de 18.000 espectadores (3.000 deles con asentos) e posúe unhas dimensións de 102 metros de longo por 67 metros de ancho. Está provisto de céspede artificial.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.