Unha aspiradora[1] é un dispositivo que utiliza unha bomba de aire para aspirar o po e outras partículas pequenas de sucidade, xeralmente do chan. A maioría de fogares con chan lousado teñen un modelo doméstico para a limpeza[2]. O po recóllese mediante o sistema de filtrado un “ciclón” para unha posterior disposición.
Historia
Até finais do século XIX, os cepillos para alfombras eran as únicas ferramentas coas que se contaba para tratar de manter limpo o ambiente destes lugares.
Posteriormente foron creados varios artefactos para limpar alfombras, e en 1901 foi patentada a primeira aspiradora. Ideada polo enxeñeiro inglés Hubert Cecil Booth, Puffing Billy era unha enorme máquina, cun motor eléctrico, que aspiraba o po. Tamén creou unha aspiradora que a chamou Trolleyvack que funcionaba cun motor máis pequeno, despois Booth instalou unha empresa de aseo. A súa primeira tarefa importante foi limpar a alfombra da Abadía de Westminster; tamén houbo outro creador, James Murray Spangler (de Ohio), quen creou unha aspiradora portátil que funcionaba cun ventilador eléctrico.
No entanto, non sería até 1908 (ano no que Spangler vendeu os dereitos do seu invento a un parente e industrial do coiro, William H. Hoover) que se crease a aspiradora de zorra de hoxe en día. Hoover deseñou o modelo "O", que tiña rodas, un mango longo e unha bolsa para conter o po. Aínda que nun principio o mercado era para fábricas, máis tarde realizou unha liña de aparellos domésticos, popularizándose o seu uso rapidamente por todo Estados Unidos.
Actualidade
Hoxe en día é un equipo indispensable para o mantemento e limpeza tanto para o fogar, como para oficina, goberno, universidades e colexios. Os modelos utilizados por persoal de limpeza son máis robustos e moitas veces non utilizan bolsa para reter o po, senón que o depositan nun colector para logo baleirar este colector ao lixo.
Ultimamente están a aparecer aspiradoras robotizadas, que limpan sen intervención humana o chan. Un exemplo delas é Roomba e en Asia Mamirobot.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.