Asopo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Co nome de Asopo coñécense varios ríos de Grecia e os deuses fluviais que os habitaban. Tamén houbo algún rei grego con este mesmo nome.

Datos rápidos Tipo, Patrón de ...
Asopo
Tipooceánidas e Deidades do mar da mitoloxía grega
Patrón deAsopos (en)
Biografía
Sexohome
Actividade
Cargo ocupadoking of Plataea (en)
Familia
NaiTetis, Eurínome (filla de Océano), Pero (en) , Celusa (en) e Cleodice (en)
PaiOcéano
CónxuxeMetope (pt)
Fillo/aAntíope (pt) , Corcira (pt) , Salamina (pt) , Egina (pt) , Sinope (mitologia) (pt) , Tânagra (pt) , Harpina (en) , Tebas (ninfa) (pt) , Euboea (en) , Cleone (en) , Chalcis (en) , Ornea (en) , Thespia (en) , Ismene (en) , Pirene (en) , Combe (en) , Nemea (en) , Oeroe (en) , Plataea (en) , Asopis (en) e Ismenus (en)
Descrito pola fonte
[ Wikidata ]
Pechar

Como deus do río homónimo, Asopo era fillo de pais divinos, sobre os que discrepan os mitógrafos. Pode ser fillo de Poseidón e Pero ou de Poseidón e Celusa [1], ou ben de Zeus e Eurínome (filla do deus Océano), aínda que é máis común consideralo filo de Océano e Tetis, como tódolos ríos.

"O río Asopo era fillo de Océano e Tetis, ou de Pero e Poseidón, segundo di Acusilao, ou de Zeus e Eurínome, segundo outros.
Pseudo-Apolodoro III.12.

Descendencia

Casou con Metope, unha náiade filla do deus fluvial Ladón, coa que tivo dous fillos (Ismeno e Pelagonte) e vinte fillas [2].

Tamén se considera pai da náiade Antíope, que será a nai de Anfión e Zeto, tras xacer con Zeus [3]; e pai de Platea, epónimo da cidade de Plateas.

"Logo vin [4] a Antíope, a filla de Esopo, que se gababa de haber dormido nos brazos de Zeus e que deu a luz dous fillos: Anfión e Zeto, os primeiros en fixar os cimentos de Tebas, a das sete portas, e levantar a muralla".
Odisea XI, 260-263

Entre as numerosas fillas que tivo destacan as chamadas Asópides maiores, aquelas ninfas que foron desexadas e seducidas polos deuses Zeus, Apolo ou Poseidón e que mesmo deron nome ós diferentes pobos que foron poboando as beiras do río Asopo.

Unha das súas fillas, Exina, foi raptada por Zeus convertido en aguia. Asopo, en canto o soubo, saíu na súa busca e chegou onda Sísifo, rei de Corinto, que sabía onde estaba a filla, co deus. A cambio de darlle esta información pediu ó deus-río un manancial permanente de auga. Asopo creouno sen problema, dando lugar así ó manancial de Pirene, na acrópole de Corinto. Sísifo díxolle onde atopar á filla e Asopo chegou onda Zeus, inundando as terras onde se agochaba, ata descubrilos. Zeus tivo que fuxir e librouse do acoso transformándose en pedra, para refuxiarse logo no Olimpo e, desde alí, obrigou a Asopo a volver ó seu ser lanzando contra el os seus raios; por iso o leito do río trae hoxe pedras de carbón. Logo, Zeus levou a Exina ata unha illa (que se chamaba Enone pero se coñece desde entón co nome de Exina) e, xacendo con ela, enxendrou un fillo, Éaco, pai de Peleu e Telamón [5].

Zeus non perdoou a indiscreción de Sísifo e ordenou a Hermes que o levase inmediatamente ó Tártaro, onde sería castigado por toda a eternidade: está obrigado a levar unha gran rocha ata o cume dunha montaña pero, cando está a piques de chegar arriba, a rocha precipítase montaña abaixo e ten que volver a empezar [6].

Tebe, a irmá xemelga de Exina, tamén foi seducida por Zeus, e tivo que esconderse nas augas de Dirce; e tamén o foi Platea.

Outra das fillas de Asopo, Salamina tivo con Poseidón un fillo, chamado Cicreo [7]. Este deus tamén acosou outras dúas fillas de Asopo: Córcira e Eubea. Tanto aquela como estas foron levadas a senllas illas do Exeo que, desde entón tomaron o nome das rapazas.

Apolo seduciu a outras dúas asópides, Sinope e Tespia; e Ares a Tanagra.

Asopo soubo da sorte das súas fillas, raptadas por diferentes deuses, grazas ó adiviño Acafrón, que lle advertiu que foron Afrodita e Eros os que induciron ós deuses a tales actos. Aconsellou ó deus-río que aceptara agradecido ante a atención recibida polas súas fillas por parte destes deuses, e Asopo acatou o consello.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.