filme de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen From Wikipedia, the free encyclopedia
As bestas é un filme hispano-francés de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen. Está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán.[2] Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla,[3] o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos.
As bestas | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | As bestas |
Director | Rodrigo Sorogoyen |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Olivier Arson |
Fotografía | Alex de Pablo |
Montaxe | Alberto del Campo |
Estudio | Arcadia Motion Pictures Caballo Films Cronos Entertainment Le Pacte |
Distribuidora | A Contracorriente Films |
Estrea | Festival de Cannes: 26 de maio de 2022 |
Duración | 137 minutos |
Orixe | España Francia |
Xénero | Suspense |
Recadación | 7.019.991,82 €[1] |
Na rede | |
Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Toquio e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.
As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).
Ambientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.[4][5]
Baséase na historia real do matrimonio de Margot Pool e Martin Verfondern, chegados na década de 1990 á pequena aldea de Santoalla do Monte na comarca de Valdeorras, feitos que inspiraron o documental estadounidense Santoalla, de 2016.
O filme foi producido por Arcadia Motion Pictures, Caballo Films, Cronos Entertainment e Le Pacte, coa participación de RTVE, Movistar+, Canal+ e Cine+, o apoio de Eurimages e financiamento de ICAA.[2] O guión foi escrito conxuntamente entre Isabel Peña e Sorogoyen.[5] Entre o equipo de produción están moitos colaboradores habituais de Sorogoyen (como o compositor Olivier Arson, o director de fotografía Alex de Pablo e o editor de filmes Alberto del Campo).[2]
Sorogoyen informou de que rodaría o filme "como un western".[4] A rodaxe comezou o 16 de setembro de 2021 e rematou o 13 de decembro de 2021.[2][10] As localizacións da rodaxe inclúen O Bierzo e a Galicia interior.[11]
As bestas estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 26 de maio de 2022,[12] proxectándose fóra de competición na sección Cannes Première.[13][14] O filme estreouse nos cinemas franceses o 20 de xullo de 2022.[15][16] Tamén se proxectou na 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Donostia en setembro de 2022, como parte da lista de filmes 'Pearls'.[17][18] Tamén foi escollido na lista principal do 35º Festival Internacional de Cinema de Toquio (para a súa estrea asiática).[19] Dende abril de 2022, ten unha data provisional de estrea en cinemas en España fixada para o 11 de novembro de 2022.[20]
Wendy Ide de ScreenDaily considerou que o filme é "un suspense psicolóxico estupendo e unha peza de cinema melancólica e musculosa que aproveita ao máximo tanto o telón de fondo galego como o impoñente físico de Menochet e o seu némesis Xan, o notable Luis Zahera.[9]
Manu Yáñez de Fotogramas valorou o filme con 3 de 5 estrelas, escribindo que Sorogoyen "mostra o seu talento para xerar situacións cargadas de hostilidade flagrante", valorando "a forma en que Sorogoyen xestiona o tempo de cada escena", sendo o mellor do filme, ao tempo que debuxa o "retrato grotesco dos habitantes do rural galego”, próximo á caricatura, como o peor da mesma.[21]
Nunha reportaxe na Radio Galega fixéronse eco de críticas en redes sociais e xornais polo que cualificaron de "torva e inaceptable mirada sobre Galicia"[22] e de presentar o país como diferente, mais non pola súa cultura "senón polo seu primitivismo brutal".[23]
En agosto de 2022, os membros da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España escolleu As bestas na súa preselección de tres filmes para a súa candidatura ao mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar xunto a Alcarràs e Cinco lobitos.[24] O filme foi nomeado ademais a 17 premios Goya.[25]
Ano | Galardón | Categoría | Candidato(s) | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
2022 | Festival Internacional de Cinema de Donostia | Premio do Público Cidade de Donostia/San Sebastián ao Mellor Filme Europeo | As bestas | Gañador | [26] |
Festival Internacional de Cinema de Chicago | Hugo de Ouro | Nomeado | [27] | ||
Silver Hugo for Best Ensemble Performance | Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera, Diego Anido e Marie Colomb | Gañador | [28] | ||
Festival Internacional de Cinema de Toquio | Gran Premio | As bestas | Gañador | [29] | |
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
Premios Forqué | Mellor filme | As bestas | Gañador | [30][31] | |
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
2023 | Premios Lumières | Mellor actor | Denis Ménochet | Nomeado | [32] |
Mellor coprodución internacional | Gañador | ||||
Premios Feroz | Mellor filme dramático | Ignasi Estapé, Sandra Tapia, Ibon Cormenzana, Eduardo Villanueva | Gañador | [33][34][35] | |
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Nomeado | |||
Mellor guión | Rodrigo Sorogoyen, Isabel Peña | Nomeado | |||
Mellor actriz | Marina Foïs | Nomeado | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Nomeado | |||
Mellor actor secundario | Diego Anido | Nomeado | |||
Luis Zahera | Gañador | ||||
Mellor banda sonora | Olivier Arson | Gañador | |||
Mellor trailer | Miguel Ángel Trudu | Nomeado | |||
Mellor póster | Jordi Rins, Lucía Faraig | Nomeado | |||
Premios Carmen | Mellor filme non andaluz | Gañador | [36] | ||
Premios CEC | Mellor filme | Gañador | [37][38] | ||
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
Mellor actriz | Marina Foïs | Gañador | |||
Mellor actor secundario | Luis Zahera | Gañador | |||
Diego Anido | Nomeado | ||||
Mellor actriz secundaria | Marie Colomb | Nomeado | |||
Luisa Merelas | Nomeado | ||||
Mellor guión orixinal | Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor fotografía | Alex de Pablo | Gañador | |||
Mellor montaxe | Alberto del Campo | Gañador | |||
Mellor música | Oliver Arson | Gañador | |||
Premios Goya | Mellor filme | Gañador | [39][40] | ||
Mellor dirección | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor guión orixinal | Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor actor | Denis Ménochet | Gañador | |||
Melor actriz | Marina Foïs | Nomeado | |||
Mellor actor secundario | Diego Anido | Nomeado | |||
Luis Zahera | Gañador | ||||
Mellor actriz secundaria | Marie Colomb | Nomeado | |||
Mellor fotografía | Álex de Pablo | Gañador | |||
Mellor montaxe | Alberto del Campo | Gañador | |||
Mellor música orixinal | Olivier Arson | Gañador | |||
Mellor son | Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas | Gañador | |||
Mellor dirección artística | José Tirado | Nomeado | |||
Mellor deseño de vestiario | Paola Torres | Nomeado | |||
Mellor maquillaxe e peiteado | Irene Pedrosa, Jesús Gil | Nomeado | |||
Mellores efectos especiais | Óscar Abades, Ana Rubio | Nomeado | |||
Mellor dirección de produción | Carmen Sánchez de la Vega | Nomeado | |||
Premios César | Mellor filme estranxeiro | Gañador | [41][42] | ||
Premios da Unión de Actores e Actrices | Mellor actriz | Marina Foïs | Pendente | [43] | |
Mellor actor | Denis Ménochet | Pendente | |||
Mellor actor secundario | Luis Zahera | Pendente | |||
Mellor actriz secundaria | Marie Colomb | Pendente | |||
Mellor actor novel | Diego Anido | Pendente | |||
Premios Platino | Mellor actor secundario | Luis Zahera | Gañador | [44] | |
Mellor director | Rodrigo Sorogoyen | Gañador | |||
Mellor son | Aitor Berenguer, Fabiola Ordoyo, Yasmina Praderas | Gañador | |||
Mellor montaxe | Alberto del Campo | Gañador |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.