A arquidiocese de Burgos (en latín: Archidioecesis Burgensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 339.185 bautizados sobre unha poboación total de 375.563 habitantes. O seu arcebispo actual é Mario Iceta.
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Pechar
A arquidiocese abrangue a provincia de Burgos. Limita coas dioceses de Palencia (suroeste), Santander (norte), Vitoria (nordeste), Calahorra e La Calzada-Logroño (leste), Osma-Soria (sueste), Segovia e Valladolid (sur).
A sé arcebispal é a cidade de Burgos, onde está a catedral de Santa María. O territorio, de 13.849 km², está dividido en 1.003 parroquias, agrupadas en 15 arciprestados, e á súa vez en 3 vigairías.
A diocese de Burgos foi erixida en 1075, e pouco despois ampliou os seus territorios coa supresión das dioceses de Valpuesta (en 1087) e de Nájera (en 1100).
22 de outubro de 1574 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.
O 12 de decembro de 1754 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Santander. O 8 de setembro de 1861 cedeu novamente territorio para erixir a diocese de Vitoria.
En 1953 levou a cabo un axuste territorial coa diocese de Segovia.
- García de Contreras (1206 - 8 de marzo de 1211, finado)
- Juan Domínguez de Medina (29 de maio de 1240 - 1 de outubro de 1246, finado)
- Juan Villahoz (13 de xullo de 1268 - 28 de agosto de 1269, finado)
- Gonzalo Gudiel (27 de setembro de 1275 - 3 de maio de 1280, nomeado arcebispo de Toledo)
- Fernando Covarrubias (21 de maio de 1280 - 12 de novembro de 1299, finado)
- Pedro Rodríguez (13 de xuño de 1300 - 15 de decembro de 1302, nomeado cardeal-bispo de Sabina)
- Gonzalo Osorio Villalobos (12 de xullo de 1313 - 15 de maio de 1327, finado)
- Xoán García Manrique (1381 – 1382, nomeado arcebispo de Santiago de Compostela)
- Gonzalo Mena Roelas (11 de agosto de 1382 - 28 de xaneiro de 1394, nomeado arcebispo de Sevilla)
- Pascual Rebenga de Ampudia (27 de xaneiro de 1496 - 19 de xullo de 1512, finado)
- Jaime Serra i Cau (28 de xullo de 1512 - 5 de xullo de 1514, renuncia)
- Juan Rodríguez de Fonseca (5 de xullo de 1514 - 12 de novembro de 1524, finado)
- Antonio de Rojas Manrique (3 de xullo de 1525 - 27 de xuño de 1527, finado)
- Íñigo López de Mendoza y Zúñiga (2 de marzo de 1529 - 9 de xuño de 1535, finado)
- Juan Álvarez de Toledo (11 de abril de 1537 - 27 de xuño de 1550, nomeado arcebispo de Santiago de Compostela)
- Francisco Mendoza Bobadilla (27 de xuño de 1550 - 1 de decembro de 1566, finado)
- Francisco Pacheco de Villena (8 de agosto de 1567 - 23 de agosto de 1579, finado)
- Cristóbal Vela Tavera (27 de maio de 1580 - 21 de novembro de 1599, finado)
- Antonio Zapata y Cisneros (11 de setembro de 1600 - outubro de 1604, renuncia)
- Alfonso Manrique (20 de outubro de 1604 - 27 de setembro de 1612, finado)
- Fernando Acevedo González (2 de xuño de 1613 - 2 de febreiro de 1629, finado)
- José González Díez, O.P. (12 de agosto de 1630 - 28 de marzo de 1631, finado)
- Fernando Andrade Sotomayor (10 de novembro de 1631 - 10 de setembro de 1640, nomeado arcebispo de Sigüenza)
- Francisco de Manso Zuñiga y Sola (8 de outubro de 1640 - 27 de decembro de 1655, finado)
- Juan Pérez Delgado (15 de xaneiro de 1657 - 15 de xullo de 1657, finado)
- Antonio Paiño Sevilla (25 de febreiro de 1658 - 4 de xuño de 1663, nomeado arcebispo de Sevilla)
- Diego de Tejada y la Guardia (26 de novembro de 1663 - 13 de xullo de 1664, finado)
- Enrique Peralta y Cárdenas (13 de abril de 1665 - 20 de novembro de 1679, finado)
- Juan de Isla (23 de setembro de 1680 - 16 de setembro de 1701, finado)
- Francisco Antonio de Borja-Centelles y Ponce de Léon (3 de abril de 1702 - 3 de abril de 1702, finado)
- Fernando Manuel de Mejía (15 de xaneiro de 1703 - 15 de setembro de 1704, finado)
- Manuel Francisco Navarrete y Ladrón de Guevara (18 de maio de 1705 - 11 de agosto de 1723, finado)
- Lucas Conejero de Molina (26 de xuño de 1724 - 22 de marzo de 1728, finado)
- Manuel Samaniego Jaca (20 de setembro de 1728 - 29 de abril de 1741, renuncia)
- Diego Felipe de Perea Magdaleno (29 de maio de 1741 - 25 de febreiro de 1744, finado)
- Pedro de la Cuadra Achica (7 de setembro de 1744 - 19 de setembro de 1750, finado)
- Juan Francisco Guillén (15 de marzo de 1751 - 7 de abril de 1757, finado)
- Onésimo Salamanca Zaldívar (19 de decembro de 1757 - 14 de xaneiro de 1761, finado)
- Francisco Díaz Santos y Bullón (17 de agosto de 1761 - 17 de febreiro de 1764, finado)
- José Javier Rodríguez Arellano (20 de agosto de 1764 - 1 de xuño de 1791, finado)
- Juan Antonio de los Tueros (19 de decembro de 1791 - 22 de setembro de 1797, finado)
- Ramón José Arce (18 de decembro de 1797 - 20 de xullo de 1801, nomeado arcebispo de Zaragoza)
- Manuel Cid Monroy (29 de marzo de 1802 - 8 de novembro de 1822, finado)
- Rafael Téllez (12 de xullo de 1824 - 20 de decembro de 1824, nomeado arcebispo de Santiago de Compostela)
- Ildefonso Cañedo y Vigil (27 de xuño de 1825 - 21 de setembro de 1829, finado)
- Joaquín López y Sicilia (15 de marzo de 1830 - 24 de febreiro de 1832, nomeado arcebispo de Valencia)
- Ignacio Ribes Mayor (24 de febreiro de 1832 - 31 de outubro de 1840, finado)
- Ramón Montero (4 de outubro de 1847 - 30 de marzo de 1848, finado)
- Cirilo de Alameda y Brea (20 de abril de 1849 - 3 de agosto de 1857, nomeado arcebispo de Toledo)
- Fernando de la Puente y Primo de Rivera (25 de setembro de 1857 - 12 de marzo de 1867, finado)
- Anastasio Rodrigo Yusto (20 de setembro de 1867 - 30 de abril de 1882, finado)
- Saturnino Fernández de Castro y de la Cotera (15 de marzo de 1883 - 26 de abril de 1886, finado)
- Manuel Gómez-Salazar y Lucio-Villegas (10 de xuño de 1886 - 14 de xuño de 1893, finado)
- Gregorio María Aguirre y García (21 de maio de 1894 - 29 de abril de 1909, nomeado arcebispo de Toledo)
- Benito Murúa y López (29 de abril de 1909 - 28 de outubro de 1912, finado)
- José Cadena y Eleta (18 de xullo de 1913 - 4 de xuño de 1918, finado)
- Juan Bautista Benlloch y Vivó (7 de xaneiro de 1919 - 14 de febreiro de 1926, finado)
- Pedro Segura y Sáenz (20 de decembro de 1926 - 19 de decembro de 1927, nomeado arcebispo de Toledo)
- Manuel de Castro y Alonso (21 de maio de 1928 - 3 de setembro de 1944, finado)
- Luciano Pérez Platero (9 de decembro de 1944 - 14 de xuño de 1963, finado)
- Segundo García de Sierra y Méndez (7 de febreiro de 1964 - 19 de outubro de 1983, retirado)
- Teodoro Cardenal Fernández (19 de outubro de 1983 - 30 de outubro de 1992, retirado)
- Santiago Martínez Acebes (30 de outubro de 1992 - 28 de marzo de 2002, retirado)
- Francisco Gil Hellín (28 de marzo de 2002 - 30 de outubro de 2015, retirado)
- Fidel Herráez Vegas (30 de outubro de 2015 - 6 de outubro de 2020, retirado)
- Mario Iceta Gavicagogeascoa (dende o 6 de outubro de 2020)