San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.
Arnois | |
---|---|
Igrexa de San Xiao de Arnois. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′51″N 8°24′25″O |
Poboación | 389 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
Limita ao norte coa parroquia de San Miguel de Castro (separada polo regato de Eileixido), ao sur con Riobó e Berres (separadas polo río Boo), ao leste Oca (co regato da Grela por medio) e ao oeste o río Ulla.
Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada N-525 (Santiago a Ourense) e a provincial de Callobre á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.
Etimoloxía
O topónimo Arnois, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego, poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión[2].
Patrimonio
- San Xiao de Arnois, data do século XIII.
- Muíños na Tenencia da Veiga.
- Sobreira de Valboa, é considerada a primeira sobreira de Galicia pola súa antigüidade e polas súas dimensións. Tense constancia dela xa no século XVI, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos.
Festas
- Festa de Santa Paderna. Ten lugar o domingo seguinte ao 19 de outubro. Recibe a centos de devotos ofrecidos que acoden á celebración para curar os “males estraños”.
- As festas patronais, na honra de San Xiao, celébranse o 7 de xaneiro; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño. As Neves celébrase o 5 de agosto na Capela da Nosa Señora das Neves, no lugar dos Hórreos.
Galería de imaxes
- Casa Escola de Arnois.
Lugares e parroquias
Lugares de Arnois
Lugares da parroquia de Arnois no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Os Bieites | O Bruñido | A Cacharela | A Calzada | O Carballal | A Carballeira | O Cercido | A Costa | Os Golmados | A Granxa | Moimenta | A Quenlla | O Regueiro | A Reigada | Riamonde | Ribadulla | San Xiao | Os Tiguillois | Valboa | A Veiga |
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.