From Wikipedia, the free encyclopedia
En química orgánica, un grupo aril ou arilo é un grupo funcional ou substituínte derivado dun anel aromático, xeralmente un hidrocarburo aromático, como un fenilo ou naftilo.[1] "Aril" utilízase como abreviación ou xeneralización, e "Ar" úsase como símbolo do grupo en diagramas de estrutura química, polo que non se debe confundir co elemento argon.
Un grupo arilo simple é o fenilo (C
6H
5), un grupo derivado do benceno. Exemplos doutros grupos arilo son:
A arilación é o proceso no cal se une un grupo arilo a un substituínte. Conséguese normalmente por medio de reaccións de acoplamento cruzado.
O grupo arilo máis básico é o fenilo, que está constituído por un anel de benceno cun átomo de hidróxeno substituído por algún substituínte e ten a fórmula molecular C6H5−. Nótese que un grupo fenilo non é o mesmo que un grupo bencilo, este último consistente nun grupo fenilo unido a un grupo metilo e con fórmula molecular de C6H5CH2−.[2]
Para nomear os compostos que conteñen grupos fenilo, o grupo fenilo pode tomarse como o hidrocarburo parental e representarse polo sufixo "-benceno". Alternativamente, o grupo fenilo pode tratarse como un substituínte, sendo descrito dentro do nome como "fenil". Isto faise xeralmente cando o grupo unido ao fenilo consta de seis ou máis átomos de carbono.[3]
Como exemplo, consideremos un grupo hidroxilo conectado a un grupo fenilo. Neste caso, se o grupo fenilo se toma como hidrocarburo parental o composto se denominará hidroxibenceno. Alternativamente, e máis comunmente, o grupo hidroxilo tómase como grupo parental e o grupo fenilo como substituínte, dando como resultado o nome máis familiar de fenol.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.