Ariana Afghan Airlines é a principal liña aérea de Afganistán e serve como aeroliña de bandeira do país[1]. A súa base de operacións é o Aeroporto Internacional de Cabul, desde onde opera os voos nacionais con Herat e Kandahar e as conexións internacionais que enlazan Afganistán coa India, Emiratos Árabes Unidos, Kuwait, Rusia, Arabia Saudita e Turquía[2]. A aeroliña está na lista de aeroliñas que non poden operar na Unión Europea[3] desde outubro de 2006.

Thumb
Avións de Ariana Afghan Airlines no Aeroporto de Cabul

Historia

A aeroliña fundouna en 1955 o estadounidense Peter Baldwin[4] por encarga do goberno afgán[5] con catro Douglas C-47, dous anos despois o goberno afgán quedou co 51% da compañía, pasando o 49% restante a mans da Pan Am ao tempo que incorporaba dous Douglas DC-4[6].

Frota

Thumb
Un Airbus A310-300 de Ariana Afghan Airlines achegándose ao Aeroporto de Sheremetyevo en 2010.
Thumb
Un Boeing 727-200 Advanced de Ariana Afghan Airlines no Aeroporto Internacional Atatürk en 2006.

A frota de Ariana Afghan Airlines estaba composta en marzo de 2012 por:[7][8][9]

Máis información Aparellos, En activo ...
Frota de Ariana Afghan Airlines
Aparellos En activo Ordes Pasaxeiros Notas
Clase Business Clase económica Total
Airbus A310-300 1 0 22 187 209
1 0 28 212 240
Boeing 727-200 3 0
Boeing 727-200F 1 0 Mercadoría
Boeing 737-400 2 0
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.