A dos argonautoideos (Argonautoidea) é unha superfamilia de moluscos cefalópodos da suborde dos incirrinos,[1] unha das dúas en que se divide a orde dos octópodos.[2]

Máis información ArgonautoideosArgonautoidea, Clasificación científica ...
Argonautoideos
Argonautoidea

Argonauta argo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Octopoda
Suborde: Incirrina
Superfamilia: Argonautoidea
Cantraine, 1841
Familias
  • Véxase o texto
Pechar

Características

As catro familias dos Argonautoidea son peláxicas, aínda que unha, a dos Alloposidae está "asociada" co fondo do océano (bentónica).

Este grupo inclúe especies xelatinosas, pero tamén outras moi musculosas.[3]

Thumb
Haliphron atlanticus.

Os membros das distintas familias distínguense sobre todo por unha forma pouco usual da cópula, que consiste que os machos separan un hectocótilo que transfiren á femia.[3]

As ventosas dispóñense en dúas series en cada brazo, agás na especie Haliphron atlanticus, da familia dos Alloposidae, que só ten unha fileira; esta especie denomínase ás veces polbo de sete tentáculos porque nos machos, o hectocótilo está enrolado nunha bolsa debaixo do ollo dereito.

Debido ao tecido xelatinoso desta especie, este brazo pasa facilmente despercibido dando a aparencia de que ten sete brazos; porén, como todos os outros polbos, en realidade ten oito.[4]

O aparato de fixación do embude está ben desenvolvido, pero a súa estrutura difire entre as familias.

Presentan un acusado dimorfismo sexual, sendo os machos moito máis pequenos que as femias.

A cuncha interna só está presente nas especies da familia dos Alloposidae, e desapareceu nas outras familias.

A rádula é heteroglosa.[3]

Clasificación

A superfamilia foi descrita en 1841 polo zoólogo belga especializado no estudo da bioloxía mariña François Joseph Cantraine, no seu traballo "Malacologie méditerranéenne et littorale, ou description des mollusques qui vivent dans la Méditerranée ou sur le continent de l'Italie, ainsi que des coquilles qui se trouvent dans les terrains tertiaires italiens; avec des observations sur leur anatomie, leurs moeurs, leur analogie et leur gisement", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 13, Bruxelles: M. Hayez, 1841, p. 1-176..

Segundo o World Register of Marine Species a superfamilia conta coas seguintes catro familias:[1]

Superfamilia Argonautoidea Cantraine, 1841

  • Familia Alloposidae Verrill, 1881
  • Familia Argonautidae Cantraine, 1841
  • Familia Ocythoidae Gray, 1849
  • Familia Tremoctopodidae Tryon, 1879

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.