From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos argonáutidos (Argonautidae) é unha familia de moluscos cefalópodos peláxicos da suborde dos incirrinos,[3] unha das dúas en que se divide a orde dos octópodos,[4] que comprende un único xénero vivente, Argonauta Linnaeus, 1758.[3] e varios extintos coñecidos vulgramente como argonautas e,[5] ás veces, como náutilos de papel, debido ás cápsulas, finas como o papel, que segregan as femias para transportaren os ovos; porén, esta estrutura carece das cámaras cheas de aire presentes na cunchas dos náutilos, e non é unha verdadeira cuncha de cefalópodo, senón máis ben unha innovación evolutiva única no xénero Argonauta.[6]
Argonáutidos Argonautidae Rango fósil: oligoceno – actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Argonauta argo | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
A familia foi descrita en 1841 polo zoólogo belga, especializado no estudo da bioloxía mariña, François Joseph Cantraine, no seu traballo máis famoso, "Malacologie méditerranéenne et littorale, ou description des mollusques qui vivent dans la Méditerranée ou sur le continent de l'Italie, ainsi que des coquilles qui se trouvent dans les terrains tertiaires italiens; avec des observations sur leur anatomie, leurs moeurs, leur analogie et leur gisement", en Nouveaux mémoires de l’Académie Royale des Sciences et Belles-Lettres de Bruxelles, t. 13, Bruxelles: M. Hayez, 1841, p. 1-176.
O termo Argonauta deriva do nome dos argonautas,[7] (en grego antigo Ἀργοναύται Argonaýtai), un grupo de heroes da mitoloxía grega que, en anos anteriores á guerra de Troia, acompañaran a Xasón á Cólquida, na busca do vélaro de ouro. Este nome procede, á súa vez, do nome da súa nave, a Argo (en grego antigo Ἀργώ Argó), que fora designada así en honra do seu construtor; de xeito que, literalmente, argonautas significa "mariñeiros do Argo".
Na acualidade recoñécense as especies seguintes:
Xénero Argonauta Linnaeus, 1758
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.