arquitecto xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Arata Isozaki (磯崎新) nado en Oita (Kyūshū) o 23 de xullo de 1931 e finado en Naha o 28 de decembro de 2022,[1] foi un arquitecto xaponés.
Nome orixinal | (ja) 磯崎新 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xullo de 1931 Ōita (Xapón) |
Morte | 28 de decembro de 2022 (91 anos) Naha (Xapón) |
Causa da morte | morte natural |
Educación | Universidade de Toquio Oita Uenogaoka high school (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Lugar de traballo | Kyoto Turín Barcelona Cracovia |
Ocupación | arquitecto, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Toquio |
Membro de | |
Movemento | Metabolismo (arquitetura) (pt) e Posmodernismo |
Participou en | |
12 de xuño de 1987 | documenta 8 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Aiko Miyawaki (1972–2014), morte do cónxuxe |
Premios | |
Descrito pola fonte | Arata Isozaki, Prolific Japanese Architect, Dies at 91 (en) |
Páxina web | isozaki.co.jp |
Estudou na universidade de Toquio, onde un dos seus profesores foi o coñecido arquitecto Kenzō Tange. Ao finalizar os seus estudos traballou con el ata 1963, e estableceu entón o seu propio despacho.
Os primeiros proxectos de Isozaki caracterizáronse pola combinación da tradición xaponesa coas modernas estruturas realizadas con tecnoloxía moi avanzada. A partir de 1970 o seu estilo foi cambiando, e comezou a substituír os elementos tradicionais por elementos posmodernistas, é dicir, formas como bóvedas, esferas e outros elementos.
Isozaki introduciu nos seus deseños espazos ben definidos que teñen un significado determinado. A estrutura do edificio convértese nun elemento que fai de conexión entre a realidade e a ilusión que crea a contemplación dos volumes da obra.
Isozaki, a pesar do cambio de estilo que realizou, seguiu combinando elementos orientais con elementos occidentais, algo que fixo con mestría e polo que se lle valorou en todo o mundo. Conseguiu incorporar aos seus edificios orixinais efectos visuais, de maneira que a contemplación destes varía segundo o ángulo desde o que se observan.
Isozaki foi distinguido con numerosos premios internacionais, como o da Asociación de Arquitectos do Xapón, o da Royal Institute of Architects británico e o da American Academy, entre outros moitos. Isozaki foi profesor visitante en varias universidades importantes, entre elas as de Harvard, Yale e Columbia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.