From Wikipedia, the free encyclopedia
Aqua (do latín aqua, que significa auga), tamén denominado EOS PM-1, é un satélite artificial da NASA e instrumentación con colaboración internacional. Aqua foi lanzado o 4 de maio de 2002 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta II 7920 a unha órbita terrestre.[1][2][5]
Aqua | |
---|---|
Representación artística do satélite Aqua. | |
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 4 de maio de 2002[1][2][3] |
Foguete portador | Delta II 7920[2][4][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da interacción entre os océanos e as masas continentais da Terra.[2] |
NSSDC ID | 2002-022A |
Masa | 3117 kg[2][4] |
Dimensións | 4,81 m x 16,7 m x 8,04 m (despregado)[6] |
Potencia | 4444 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7080,6 km[1] |
Inclinación | 98,2 graos[1] |
Apoapse | 710,5 km[1] |
Periapse | 708,8 km[1] |
http://aqua.nasa.gov/ | |
A misión de Aqua consiste en estudar as precipitacións, evaporación e o ciclo da auga da Terra. O satélite é o segundo compoñente principal do Sistema de Observación Terrestre (Earth Observing System, EOS) da NASA. Foi precedido polo satélite Terra (lanzado en 1999) e seguido por Aura (lanzado en 2004).
Aqua segue unha órbita heliosincrónica e cruza o ecuador na tarde local.[2] Na súa órbita vai diante do chamado A-train (tren A), un conxunto de satélites de observación terrestre (Aura, CALIPSO, CloudSat e PARASOL) que voa en formación. O satélite usa hidracina como propelente.[6]
Aqua leva seis instrumentos para a observación da auga nas súas distintas formas na superficie e na atmosfera terrestre:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.