From Wikipedia, the free encyclopedia
A aprendizaxe cooperativa no contexto escolar é unha metodoloxía didáctica que consiste na realización de actividades na aula, na procura de experiencias interpersoais de aprendizaxe escolar e social. Os alumnos xúntanse en grupos heteroxéneos nos que deben levar a cabo actividades colectivamente, para acadaren certos obxectivos académicos. O ensinante pasa a ser un deseñador, asesor ou director das tarefas que realizan os grupos de alumnos, sendo así un facilitador da aprendizaxe.
Non se trata de facer un “traballo en equipo” (no que frecuentemente algún membro do grupo fai o traballo por todos), senón de aprender en grupo mediante interaccións coa finalidade de que todos os membros do grupo acaden os obxectivos de aprendizaxe. De feito, a avaliación de dita aprendizaxe sae da valoración do grupo como suma das valoracións dos individuos do mesmo. Deste xeito acádase unha interdependencia positiva, porque a todos os membros do grupo lles interesa e importa que os seus compañeiros aprendan os contidos propostos polo profesor.
A diferenza da aprendizaxe individualista, de natureza competitiva, os alumnos que estudan cooperativamente aprovéitanse dos recursos e habilidades que teñen todos eles (fanse preguntas do que non saben, valoran as ideas dos demais, controlan as tarefas que fan entre eles etc).
Na década de 1930 os investigadores sociais May e Doob descubriron que as persoas que colaboraban e traballaban xuntas para acadaren obxectivos comúns, obtiñan mellores resultados que os que procuraban os mesmos obxectivos individualmente.[1] John Dewey e Kurt Lewin tamén influíron na teoría da aprendizaxe cooperativa. Dewey pensaba que era moi importante que os estudantes desenvolvesen o coñecemento e as habilidades sociais para empregalas logo fóra das aulas e na mesma sociedade democrática. Este xeito de aprendizaxe converte os alumnos en receptores activos do coñecemento ao discutiren os contidos e as propostas en grupos en vez de seren aprendices pasivos (o profesor fala e os estudantes escoitan). David e Roger Johnson en 1975 comprobaron que a aprendizaxe cooperativa promovía nos estudantes empatía, unha mellor comunicación, apoio e aceptación mutua; amosando tamén un incremento na variedade de estratexias de pensamento entre os individuos do grupo. No 1994 Johnson&Johnson fixeron públicos os cinco elementos esenciais para unha aprendizaxe do grupo efectiva: interdependencia positiva, resultados individuais, interacción cara a cara, habilidades sociais e avaliación do grupo.
A aprendizaxe cooperativa formal está artellada, facilitada e controlada polo profesor en todo momento e úsase para acadar obxectivos no grupo nas tarefas escolares (por exemplo; nunha unidade didáctica). Calquera materia ou contido poden adaptarse a este tipo de aprendizaxe e os grupos de alumnos poden ser variables: habitualmente de 2 a 6 membros.
As investigacións indican que os resultados acadados por esta metodoloxía son claramente positivos. Os alumnos acadan logros académicos, melloran nas relacións interraciais e acadan un desenvolvemento persoal e social superior ao conseguido coa aprendizaxe individualista.
Robert Slavin atopou que:
Johnson e Johnson (1989) afirman que os resultados da aprendizaxe cooperativa son:
Esta metodoloxía pode presentar certos atrancos a ter en conta. Pode darse o caso de certa resistencia e hostilidade por parte de alumnos ao pensaren que saen prexudicados polos alumnos máis lentos dos grupos ou sentir que están a ser ignorados polo grupo. Por outra banda, cando os membros do grupo se avalían entre si pode que distorsionen as súas valoracións para quedaren ben cos compañeiros. Neste caso cómpre facer a avaliación de xeito confidencial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.