From Wikipedia, the free encyclopedia
A empatía (do grego εμπαθεια, formado εν, "no interior de", e πάθoς, "sufrimento, o que sofre") é a capacidade cognitiva de percibir nun contexto común o que outro individuo poida sentir. Tamén é o sentimento de participación afectiva dunha persoa na realidade que afecta a outra.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Algúns estudos sinalan a existencia de trazos afíns á empatía nalgúns animais non humanos, como por exemplo os roedores ou outros primates. Neste sentido, poderíase confirmar o argumento de que a orixe da empatía se sitúa en mecanismos neuronais básicos desenvolvidos ao longo da evolución.
Certas correntes de pensamento psicolóxico postulan que a mente humana ten en común sensacións e sentimentos. A única diferenza entre dúas persoas é o momento no que se mostran eses sentimentos, provocando emocións que motivan a actuar. Que unha persoa non sinta igual que outra nun momento dado, é por razóns educativas, predisposición xenética e condicionantes hormonais. Por iso, a empatía é posible nun individuo capaz de razoar sobre si mesmo, avaliar os seus sentimentos e razoar sobre outras persoas de forma que non tenda a xustificar os seus propios desexos.
Tamén parece ser que a empatía desempeña un papel significativo na teoría de xogos e na vida económica:
Só a través da imaxinación podemos concibir as súas sensacións (as do noso irmán) (...) son as impresións dos nosos propios sentidos e non a dos seus o que a nosa imaxinación copia.Adam Smith, 1759.
Parece ser que a capacidade de empatizar non é soamente importante para a observación dunha conduta moral ou social, senón paralelamente tamén para experimentar sentimentos como a envexa, o odio, guerras relixiosas etc.
Por outra banda, observouse que un determinado tipo de neuronas, as neuronas espello, só se activan cando o mesmo acto que realiza un primate o efectúa outro que é observado polo primeiro. Nos humanos actívase a mesma área cerebral, no curso dunha emoción, ao observar a outra persoa no mesmo estado emocional. Verificouse tamén experimentalmente que a empatía é maior entre persoas de idéntico sexo, raza ou idade, e que o grao de empatía é moi variable dunha persoa a outra. Polo tanto, a empatía parece ser un importante factor de cohesión social e é unha vantaxe evolutiva desenvolvida por selección natural.
Ademais, parece ser que esta capacidade se incrementa máis facilmente nos que padeceron problemas afectivos, con pais que se ocuparon deles, e que viviron nun ambiente no que foron aceptados e comprendidos, é dicir, cando as necesidades afectivas e emocionais estiveron totalmente cubertas desde os primeiros anos de vida.
Polo tanto, a empatía describe a capacidade intelectiva dunha persoa de vivenciar a maneira na que se sente outra persoa; porteriormente, iso pode levar a unha mellor comprensión do seu comportamento ou da forma de tomar as súas decisións. É a habilidade para entender as necesidades, sentimentos e problemas dos demais, poñéndose no seu lugar, e responder correctamente ás súas reaccións emocionais. Os estudos afirman e demostran que esta capacidade cognitiva se dá maiormente no xénero feminino da especie humana, quizais polo feito biolóxico de ter fillos e coidalos.
No uso común, é a capacidade de estar completamente dispoñible para outra persoa, omitindo expresar as nosas propias preocupacións, sentimentos e pensamentos, para ofrecerlle a nosa plena atención. Trátase de ofrecer unha relación de calidade, fundada nun escoitar non valorativo, no cal concentramos a comprensión dos sentimentos e necesidades fundamentais do outro.
Algúns investigadores adicados ao estudo da empatía infantil propuxeron que esta calidade, a capacidade de comprender os sentimentos alleos, é adquirida. Demostrouse que os nenos vítimas de abusos non responden con empatía ante a aflición doutros nenos, mentres que un neno que tivo as necesidades emocionais ben atendidas é máis sensible ás emocións alleas.
Hoffman (1977) estudou o fenómeno e concluíu que a empatía é máis relevante nas mulleres que nos homes. Posiblemente isto teña moito que ver coa educación diferencial entre nenos e nenas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.