From Wikipedia, the free encyclopedia
A antropoloxía cultural é unha póla da antropoloxía que estuda o ser humano como un ente cultural, entendendo como cultura todo o que a persoa fai sobre a natureza: ferramentas, comercios, prácticas, roupa, casas, relixións, música, relacións sociais, etc. Principalmente trata de explicar as causas dos estilos de vida dos seres humanos,[1] os seus cambios e estancamentos nas culturas de tódolos tempos.[2] Pode axudarse das outras pólas da antropoloxía para aumentar a calidade das conclusións da súa investigación.[1] Algúns autores consideran que a antropoloxía cultural é sinònima da social[1][3] mentres que outros as diferencian.[4] Ámbolos dous poden agruparse baixo o termo "antropoloxía socio-cultural".[5]
En principio, a antropoloxía non fixo distincións entre a física e a cultura, todo está baseado nas leis da evolución de Charles Darwin e estudou as culturas subdesenvolvidas. Coidaban que o desenvolvemento dunha cultura con respecto a outras se explicaba polo tamaño do cranio dos seus habitantes.[6]
Os antropólogos europeos consideran a Heródoto o primeiro antropólogo, especialmente antropólogo cultural, porque non só rexistrou o que vía e o que contaban sobre outras culturas senón que tamén se preguntou o porqué das diferenzas entre os pobos.[7]
Máis tarde, os viaxeiros e os colonos dos séculos XVI e XVII tamén se preguntaron o mesmo que Heródoto.[8]
O ensaísta francés Montaigne (que viviu no século XVI) foi un destes viaxeiros e escribiu un ensaio sobre os caníbales. Durante o século XVI houbo discusións teolóxica sobre se os humanos de pel escura tamén eran descendentes de Adán. Os misioneiros españois crían que os habitantes do Caribe non tiña alma.
Durante o século XVII, Hobbes cría que os nativos americanos vivían en estado natural de loita constante.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.