Remove ads
astrónomo e teórico marxista neerlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Anton Pannekoek, nado en Vaassen o 2 de xaneiro de 1873 e finado en Wageningen o 28 de abril de 1960, foi un astrónomo e comunista holandés.[1]
Con trinta anos rexistrou a variabilidade de Polaris, confirmada vinte anos despois. Mellorou a medida de distancias estelares, facilitando a aceptación das dimensións recoñecidas hoxe do universo. Estudou atmosferas estelares.
No 1931 produciu a curva de crecemento de Deneb, sendo considerado o pai da astrofísica dos Países Baixos.[1]
Obtivo a Medalla de Ouro da Real Sociedade astronómica dos Países Baixos en 1951. Fundou o Instituto Astronómico da Universidade de Ámsterdam, e foi membro da Real Academia das Artes e as Ciencias dos Países Baixos.
Levan o seu nome un asteroide e un cráter lunar.
En 1898 uniuse ó Partido Socialdemócrata, de corte comunista. Despois da primeira guerra mundial e a escisión do partido, uniuse ó Partido Comunista Holandés. Foi fundador do comunismo denominado 'consellista', que situaba a autonomía obreira no centro da actuación. Desenvolveu unha aguda crítica da Revolución Rusa, con ideas contrarias a Lenin ou a Trotski.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.