Anfioxo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O anfioxo (do latín amphioxus, e este do grego αμφί amphí, "dos dous lados", e οξύσ oxýs "afiado", literalmente, "afiado, agudo polos dous extremos"), é unha especie de cefalocordado da familia dos branquiostómidos (Branchiostomidae), especie Branchiostoma lanceolatum.
Anfioxo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Branchiostoma lanceolatum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
Branchiostoma lanceolatum (Pallas, 1774) | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Características

Representa a transición entre os invertebrados e os vertebrados.
É un animal mariño que vive en augas pouco profundas, e adoita estar nas praias areosas do Atlántico e o Mediterráneo.
É moi primitivo, con forma pisciforme (de lanceta) e de pequeno tamaño, tan só uns 5 cm de longo.
Non posúe cranio e non ten un cerebro diferenciado, mandíbulas, nin esqueleto, pero si un sistema nervioso formado por unha corda dorsal que non está protexida por vértebras, e parece totalmente desprovisto de órganos sensoriais. Porén, durante o seu estado larvario mostra notocorda, o que fai que se inclúa no filo dos cordados.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Branchiostoma lanceolatum (Pallas, 1774). Marine Species Arquivado 18 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés) consultada o 28/08/2012.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.