Os cefalocordados (Cephalochordata; do grego κεφαλή kephalé, "cabeza" e χορδή chordé, "corda"), tamén chamados acranios e anfioxos, e ás veces leptocardios, son un subfilo de cordados que habitan en zonas costeiras, nadando libremente nos fondos areosos.
Cefalocordados (Cephalochordata) Rango fósil: cámbrico medio - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Branchiostoma lanceolatum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
Son un grupo reducido (33 especies),[1] caracterizados por posuíren unha notocorda que chega até a parte anterior do corpo (ao que percorre dorsalmente en sentido lonxitudinal), por riba da cal se acha un cordón nervioso que finaliza nun avultamento ou vesícula cerebral; de ambos os lados deste cordón parten pares de nervios cara aos segmentos musculares do corpo.
Historicamente ténselles dado unha grande importancia, xa que nalgún momento foron considerados como a transición evolutiva entre os tunicados (ascidias) ou cordados inferiores e os vertebrados ou cordados superiores.
Aínda que esta idea foi descartada, non hai outros organismos que presenten dunha maneira tan clara as catro características distintivas dos cordados (notocorda, cordón nervioso dorsal oco, fendeduras farínxeas, cola postanal).[2]
Viven nos mares temperados e cálidos, enterrados na area de fondos pouco profundos, de onde asoma ao exterior soamente a parte anterior do corpo.
Características
Os cefalocordados son de reducido tamaño (non máis de 8 cm), alongados, transparentes, lateralmente comprimidos e afiados no seus dous extremos, con forma lanceolada.[3] Dispoñen dunha longa aleta dorsal, ensanchada na rexión posterior para formar a aleta caudal. A boca está rodeada de cirros móbiles.
O aparello excretor destes animais é exclusivo dentro dos cordados, pois consta de órganos moi primitivos cuxo parangón só se encontra nos vermes anélidos.
A reprodución é por sexos separados, con fecundación externa. As larvas, que son nadadoras, nacen asimétricas e non adquiren até que o animal é adulto adulto a simetría bilateral.
Unha serie de sinapomorfias indican que os vertebrados (outro subfilo de cordados) e cefalocordados están estreitamente relacionados: músculos axiais segmentados e organización metamérica dos arcos viscerais (farínxeos).
O notocordio dos cefalocordados esténdese até ao extremo da zona anterior, as gónadas están segmentadas, os adultos teñen un alto número (máis de 50) de arcos branquiais e posúen un atrio en forma de carapucha cubrindo a zona farínxea.
Clasificación
- Familia Asymmetronidae
- Xénero Asymmetron
- Asymmetron lucayanum
- Asymmetron maldivense
- Xénero Epigonichthys
- Epigonichthys australis (Raff, 1912)
- Epigonichthys bassanus (Günther, 1884)
- Epigonichthys cingalense (Kirkaldy, 1894)
- Epigonichthys cultellus Peters, 1877
- Epigonichthys hectori (Benham, 1901)
- Epigonichthys lucayanum (Andrews, 1893)
- Epigonichthys maldivensis (Foster Cooper, 1903)
- Familia Branchiostomidae
- Xénero Branchiostoma
- Branchiostoma belcheri
- Branchiostoma californiense
- Branchiostoma capense
- Branchiostoma caribaeum
- Branchiostoma clonaseum
- Branchiostoma floridae
- Branchiostoma lanceolatum
- Branchiostoma minucauda
- Branchiostoma moretonensis
- Branchiostoma valdiviae
- Branchiostoma virginiae
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.