Amphionides reynaudii é unha especie de crustáceo da clase dos malacostráceos, superorde dos eucáridos, que é o único representante coñecido da orde dos anfionidáceos.
Amphionides reynaudii | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Larva de Amphionides reynaudii | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Amphionides reynaudii (H. Milne-Edwards, 1833) | |||||||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||||||
|
É un pequeno animal plantónico (mide menos de 2,5 cm) que se encontra ao longo dos océanos tropicais de todo o mundo, as larvas principalmente en augas pouco profundas e os adultos a maior profundidade.
Características
Amphionides reynaudii crece até unha lonxitude máxima de 25 mm. Desde o punto de vista morfolóxico é un crustáceo bastante infrecuente, con moitas partes do corpo reducidas ou ausentes. Por exemplo, ten soamente un par de pezas bucais, o maxilar; as mandíbulas e maxílulas son vestixiais.[1]
Machos e femias difiren na forma das antenas, e tamén pola presenza nos machos do oitavo par de apéndices torácicos, aínda que nunha forma reducida. Este é o lugar onde está o gonóporo masculino (o gonóporo da femia está no sexto par de apéndices torácicos).[1] O primeiro pleópodo da femia agrándase enormemente e case encerra a ampla casca. Isto presúmese que é para que sexa unha cámara na que os óvulos son fecundados e que permanecen alí até a eclosión.[1] As máis aerodinámicas cascas e pleópodos do macho fan que sexa máis hidrodinámico, e por iso captúranse menos machos que femias.
Distribución e ecoloxía
Amphionides reynaudii ten unha área de distribución cosmopolita en todos os océanos tropicais. É un animal plantónico, que habita en augas de menos de 100 m de propfundidade en estado larvario, pero máis frecuentemente a profundidades de 700 a 1 700 m cando é adulto.[1]
Clasificación
Orixinalmente descrito a partir das súas larvas, pensouse nun principio que era unha gamba. Non foi até 1969 cando se observou unha forma adulta (que fora descrita por Carl Wilhelm Erich Zimmer en 1904) e só en 1973 foi creada a súa propia orde por Donald I. Williamson.[1]
O epíteto específico, reynaudii, deullo Henri Milne-Edwards en honor dun amigo seu, posibelmente François Dominique de Reynaud, conde de Montlosier.[2] O nome xenérico utilizado por Milne-Edwards, Amphion, foi invalidado por coincidir co xénero Amphion Hübner, 1819, da familia dos Sphingidae.[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.