From Wikipedia, the free encyclopedia
Os actiniarios (Actiniaria), chamados vulgarmente actinias, anemones de mar, apegóns, ou, sinxelamente, anemones, constitúen unha orde de cnidarios antozoos da subclase dos hexacoraliarios.
Actiniarios Actiniaria | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anemone no Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Son animais mariños sésiles, que se fixan normalmente ao substrato, nalgunas ocasións á area do fondo, mais a maioría, como é o caso das verdadeiras actinias, ancóranse a soportes máis sólidos, como as rochas. As súas dimensións oscilan entre 1,5 cm e os 2 m de altura.[1]
Estes pólipos, parecen máis ben unha colorida planta que un animal propiamente dito. Coñécense máis de 800 especies.[2]
O nome científico Actiniaria provén do grego ακτἰς aktís, "raio", pola súa simetría radiada, non bilateral, como a da maioría dos animais (por exemplo, os artrópodos ou os vertebrados).
De simetría radial, o seu corpo é cílindrico, presentando no extremo basal un disco plano que funciona como pé, o disco pedio e, no extremo apical, o disco oral, que ten no centro un orificio que funciona como boca (e, pese ao nome, tamñén como ano) rodeado de tentáculos que levan cnidocitos, células urticantes que segregan neurotoxinas paralizantes en resposta ao contacto, e que usan tanto para escorrentar os inimigos como para capturar e inxerir as presas das que se alimentan, introducíndoas na cavidade gastrovascular (que funcionba como o aparello dixestivo dos animais superiores), xa que o seu réxime alimenticio é basicamente carnívoro.
Utilizan os tentáculos urticantes para capturar pequenos animais que nadan polas inmediacións. Viven en zonas costeiras normalmente expostas ás mareas, pero son especialistas en sobrevivir fóra da auga. Repregan os seus tentáculos e enchen as súas cavidades de auga, o que impide que se sequen cando quedan expostas ao aire.
As anemones esticodactilíneas conteñen algas simbióticas e aliméntanse tanto dos produtos das algas como das presas que capturan cos seus tentáculos. Establecen tamén relacións simbióticas con certos peixes e crustáceos.
Reprodúcense por bipartición, por xemación ou por reprodución sexual, método que en moitas especies acaba coa incubación dos exemplares novos na cavidade gastrovascular central e a súa posterior expulsión.
Varias especies de peixes viven entre os tentáculos das anemones tenen a propiedade de inhibir a liberación das toxinas das células urticantes. As diferentes especies de peixes asociados con anemones varían, desde os que "alimentan" á súa anemone até os que sinxelamente utilízana como despensa.
O coñecido peixe pallaso (Amphiphrion ocellaris) ten máis tendencia a roubar a comida do seu hospedeiro que a proporcionarlla.
As anemones son moito máis fáciles de manter que os corais, aínda que moitas das anemones máis populares comparten con moitos corais a posesión de algas simbióticas e requiren estar moi ben iluminados para prosperar.
Existen moitas especies de pequenas anemones que se manteñen en acuario soamente pola súa beleza, e moitas delas poden reproducirse no acuario. Non todas as anemones son benvidas no acuario. O xénero Cerianthus de anemones tubiformes inclúe moitos membros atractivos, con belas cores pastel e longos tentáculos, pero son letais e chegan a matar as criaturas máis pequenas, até a crustáceos que normalmente poderían escapar ilesos dunha anemone. Aínda peor é a anemone lume (Actinodendron) que parece unha árbore pequena con moitas ramas, as cales poden causar dolorosas feridas ao propio acuarófilo e aos seus compañeiros de tanque.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.