Os radiados (Radiata) son un taxon de clasificación incerta empregado antigamente para aglutinar a algúns animais eutometazoos, habitualmente en oposición aos pertencentes a Bilateria, é dicir, poñendo énfase na presenza dunha simetría radiada en vez de bilateral no adulto.
Características
O nome de radiados fai referencia a simetría radial. Agrupa aos eumetazoos máis primitivos, formados por tecidos incipientes que os diferencian do grupo das esponxas que so posúen unha organización de tipo celular sen chegar a formar verdadeiros tecidos.
O celenterón ou cavidade gastrovascular é unha das principais novidades deste grupo animal no proceso da evolución. A presenza dunha cavidade dixestiva ao servizo de toda a comunidade celular favoreceu moito o proceso da evolución dos metazoos. Non posúen proctodeo nin se chega a formar ano.
Clasificación
Thomas Cavalier-Smith definiu en 1983 a Radiata como un subreino que albergaba aos phyla Porifera, Myxozoa, Placozoa, Cnidaria e Ctenophora; isto é, a todos os animais non pertencentes a Bilateria.
En cambio, a clasificación de Lynn Margulis en cinco reinos só incluía a Cnidaria e Ctenophora nos radiados; o elemento definitorio aquí, ademais da simetría, é o número de láminas embrionarias: inclúe só aos animais diblásticos, é dicir, con endoderma e ectoderma, e exclúe aos monoblásticos, parazoos, como os poríferos.
O emprego das características da simetría radial, especialmente a pentarradiada, en taxonomía e sistemática presenta os seus inconvenientes. Existen multitude de converxencias evolutivas en animais de calquera nivel na escala filoxenética: por exemplo, os Anthozoa, que non son equinodermos basais, e que presentan dita simetría, non pertencen ao grupo Radiata. De feito, a súa larva posúe simetría bilateral.
Véxase tamén
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Radiados |
Outros artigos
Bibliografía
- Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp. 116–117 ISBN 84-368-0316-7
Ligazóns externas
- Zoological Philosophy of J. B. Lamarck Arquivado 09 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Taxon: Subkingdom Radiata Arquivado 29 de abril de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- The development of radial and biradial symmetry: The evolution of bilaterality Arquivado 21 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Origins of Bilateral Symmetry: Hox and Dpp Expression in a Sea Anemone (en inglés)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.