Andrés Balsa

boxeador, loitador profesional e adestrador de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Andrés Balsa

Andrés Balsa Antón, nado en Mugardos o 11 de marzo de 1883 e finado en Madrid en decembro de 1973,[1] foi un boxeador, loitador profesional e adestrador de fútbol galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Andrés Balsa
Thumb
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1883
Mugardos, España
Mortedecembro de 1973 (90 anos)
Madrid, España
Actividade
Ocupaciónboxeador, adestrador de fútbol
Deporteboxeo
fútbol
Familia
IrmánsFernando Balsa Antón
Pechar

Traxectoria

Como loitador

Andrés Balsa enrolouse na mariña mercante,[2] e cando menos desde 1909,[3] participou en competicións de loita e xa na altura de 1915 a prensa española faise eco das súas vitorias nos Estados Unidos e Cuba. Cos seus dous metros de altura e cen quilos de peso competiu dende os Estados Unidos ao Perú, Cuba ou a Arxentina cunha gran porcentaxe de vitorias e amasando unha cantidade de diñeiro. Debido a súa fama, participou no filme italiano Quo Vadis? (E. Guazzoni, 1912),[2] aínda que non está claro o papel que interpretou (algunhas fontes afirman que foi coa personaxe de Ursus,[4][5] aínda que noutras afírmase que quen a desempeñou foi o romano Bruto Castellani). Logo de loitar en cidades como Río de Xaneiro, Madrid ou Liverpool, ao remate da primeira guerra mundial regresou a Galiza, chegando ao porto de Vigo o 1º de xullo de 1920 a bordo do vapor Desna, recibido en loor de multitudes.

Confiado nas súas capacidades decidiu dar o salto ao competitivo mundo do boxeo.[2] A partir dos 40 anos comezou o baixón físico de Balsa, e unha serie de contundentes derrotas ante púxiles de non moi alta categoría levárono a retirarse da competición profesional.

Como adestrador de fútbol

No ano 1926 incorporouse ao cadro técnico do Celta de Vigo en calidade de preparador físico e adestrador, en substitución de Francis Cuggy.

Esa tempada o Celta rematou o campionato como subcampión de Galicia por detrás do Deportivo da Coruña dos xogadores que desertaran do Celta no proceso de fusión entre o Real Club Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, como Otero, Isidro ou Chiarroni. En consecuencia disputou a liga do torneo de subcampións de España, cuxa fase de grupos foi un paseo para o Celta, que gañou tódolos partidos, con 34 goles a favor e 8 en contra. En oitavos de final caeu nun terceiro partido de desempate ante o Arenas de Getxo.

Terminada a tempada produciuse unha renovación da xunta directiva do Celta, que decidiu non renovar ao adestrador Balsa e fichar ao escocés Mr. Cowan. Ese mesmo ano incorporouse como masaxista ao Deportivo da Coruña, aproveitando a súa experiencia na alta competición nunha época na que se coidaba moi pouco a condición física no fútbol.[2]

Foi o adestrador do Deportivo no debut na Segunda División 1928–29, na que o equipo coruñés logrou o 8.º posto (6 vitorias, 4 empates e 8 derrotas), salvando o descenso por 3 puntos. Na seguinte campaña foi substituído polo coruñés Paco González Galán.

Ao cabo dun tempo Balsa incorporouse como adestrador e preparador físico á disciplina do CD Castellón, onde militou as tempadas 1931–32 e 1932–33.[2] O equipo acadou o último posto nesta segunda tempada e o descenso do club levantino, o cal supuxo o abandono de Balsa do club.

A súa grande oportunidade como adestrador chegou na tempada 1935-36, cando o contratou o Valencia CF como masaxista.[2] Tras a destitución de Fiverb, Balsa foi nomenado adestrador.[2] Os resultados foron moi discretos. Porén co inicio da Guerra Civil Balsa mantívose leal á II República, formando parte do novo Valencia dos traballadores, trala incautación do equipo por parte dos empregados e futbolistas.

En 1950 o Valencia CF disputou un amigábel co Burjassot CF a benefecio do seu antigo adestrador.[6] A finais dos anos cincuenta emigrou ao Brasil coa súa muller, reclamados polo seu fillo Andrés, dono de varios negocios. A finais dos anos sesenta morreu o seu fillo e a familia quedou na ruína. O Valencia CF xiroulle diñeiro para regresar a España e ofreceulle asentarse en Valencia coa súa muller.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.