Escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
André Paul Guillaume Gide, nado en París o 22 de novembro de 1869 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1951, foi un escritor francés, defensor dos dereitos dos homosexuais. Foi recoñecido co Premio Nobel de Literatura en 1947.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Era fillo de Paul Gide, profesor en leis da Universidade de París, falecido en 1880. Seu tío foi o economista político Charles Gide. Criado en Normandía, con problemas de saúde e vivindo practicamente illado, converteuse desde novo nun escritor prolífico. En 1895, logo da morte de súa nai Juliette Rondeaux, casou coa súa curmá Madeleine Rondeaux, pero o matrimonio nunca foi consumado.
En 1891 publicou as súas primeiras poesías, Les Cahiers d'André Walter. En 1893 e 1894 viaxou polo norte de África. Fíxose amigo de Oscar Wilde en Alxeria e posteriormente comezou a recoñecer a súa orientación homosexual. En 1896 foi elixido alcalde de La Roque-Baignard, en Normandía.
En 1897 publicou Les nourritures terrestres, en 1899 Le Prométhée mal enchaîné, e en 1900 Lettres à Angèle. En 1908 colaborou na revista literaria La Nouvelle Revue Française.
As súas obras non comezaron a acadar éxito até rematada a primeira guerra mundial.
Na década de 1920 Gide converteuse en inspiración de escritores como Albert Camus e Jean-Paul Sartre. En 1923 publicou un libro de Fiódor Dostoievski, pero tras defender a homosexualidade nunha edición de Corydon en 1924, comezou a recibir máis críticas. Máis tarde, el mesmo considerou que esa fora a súa mellor obra.
En 1923 naceu a súa filla Catherine, froito da súa relación con María Van Rysselberghe. A súa esposa Madeleine faleceu en 1938. Posteriormente utilizou o transfundo do matrimonio non consumado na novela Et nunc manet in te, de 1951.
A partir de 1925 comezou a pedir mellores condicións para os criminais, e ao ano seguinte publicou a autobiografía Si le grain ne meurt.
Entre xullo de 1926 e maio de 1927 viaxou ás colonias francesas en África co seu sobriño Marc Allégret. Estivo na actual República do Congo, en Oubangui-Chari (actual República Centroafricana), o Chad e o Camerún. Relatou as viaxes en dous diarios, que titulou Voyage au Congo e Le Retour du Tchad. Neses relatos criticaba o comportamento dos intereses económicos franceses no Congo, e inspirou unha reforma. Particularmente criticaba o réxime de grandes concesións. Este réxime acordaba cal parte da colonia se concedía ás empresas francesas e en que zona se podían explotar os recursos naturais, principalmente o caucho. Relatou o modo en que os nativos foron forzados a deixar as aldeas natais durante varias semanas para recolectar caucho no bosque, comparando esta explotación coa escravitude.
Durante a década de 1930 tivo unha etapa comunista, pero quedou desilusionado trala súa visita á Unión Soviética. As súas críticas ao comunismo levárono á perda da amizade que tiña con varios amigos socialistas, especialmente trala publicación do seu libro Retour de l'U.R.S.S. en 1936. En 1933 colaborou con Igor Stravinskii no ballet Persephone.
En 1942, durante a segunda guerra mundial, regresou a África, onde viviu até a fin da guerra. En 1947 foille concedido o Premio Nobel de Literatura.
Faleceu en 1951, e ao ano seguinte a Igrexa católica incluíu as súas obras no Index Librorum Prohibitorum[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.