From Wikipedia, the free encyclopedia
Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1555 (Gregoriano) Halle (Saale), Alemaña |
Morte | 25 de xullo de 1616 (60/61 anos) Coburgo, Alemaña |
Educación | Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, química, filosofía e historia |
Ocupación | químico, profesor universitario, médico |
Empregador | Universidade de Jena |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, |
O seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,[1] que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.
Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius.
Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),[2] Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),[3] Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.