Andrea Nunes Brións
escritora e profesora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións,[1] nada en Marín o 13 de abril de 1984,[2] é unha escritora galega.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1984 (40 anos) Marín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Premios | |
Traxectoria
Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no ensaio e no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero, diversidade e lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo e a Plataforma de Crítica Literaria A Sega.
Os seus versos foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, foi finalista nos premios AELG, é un poemario ilustrado por Annet Borrás onde fai unha crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. No 2018 escribe conxuntamente con María Rosendo Diáspora do amor balea, co que gañou o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017. O seu último poemario, Esta disidencia que habitamos, é unha antoloxía bilingüe en español e galego editada por Librefeminista (Madrid), libro no que coexiste cos textos da autora clásica Renée Vivien.
Foi profesora durante seis anos en diferentes partes da China: Universidade de Nanjing, Universidade Normal de Changchun e en Xi´an Jiaotong Liverpool University. En Italia traballou na Università de Ca´Foscari en Venecia e ao seu regreso a Galicia no Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Na actualidade é profesora de ensino secundario en Santiago de Compostela e imparte diferentes obradoiros sobre escrita creativa e diversidade.
Obra
Poesía
- Corrente do esquecemento (Aturuxo, 2007)
- Todas as mulleres que fun (Corsárias, 2011)
- Diáspora de amor balea (Caldeirón, 2018; con María Rosendo Priego)
- Esta disidencia que habitamos. Antoloxía bilingüe esp/gal (Librefeminista editora, 2023)
Obras colectivas
- Sem as mulheres nom há revoluçom. XXV Festival da Poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2011.
- Mulheres entre poesía e luita (AMC). Assembleia de Mulheres do Condado. 2011
- A cidade na poesía galega do século XXI. Noia: Toxosoutos, 2012.
- Como cantan las piedras. Ed. Isla Negra, Puerto Rico, 2012
- Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea. Ed. Endimión. 2012
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto. Malpica de Bergantiños: A. C. Caldeirón, 2013.
- Cuestión social. Literatura, cine y prensa. Estudios de Comunicación Social. Andavira Editora. 2013
- Prólogo del libro Do amor e outras mariconadas de Ricardo de Barreiro, Ed. Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño. 2015, libro electrónico.
- 13. Antología de la poesía gallega próxima. (ed) María Xesús Nogueira. Edición bilingüe. Compostela/Madrid. Chan da pólvora & Papeles mínimos. 2017
- Que nom te silenziem. XXXII Festival da poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2018.
- Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais. Proxecto Batefogo. Catro Ventos. 2019
- Poetízate. Cood Fran Alonso. Xerais 2018.
- Prólogo do libro Entrecontar de Yolanda Aldrei, Através Editora, 2020
- Nxs, as inadaptadxs. Representações, desejos e histórias lgbtiq na Galiza Através Editora.
- 15 voces da nova poesía galega. Edición día das letras galegas. Gadis, 2021.
- Poetas gallegos y portugueses. Ateneo de Pontevedra/ Deputación de Pontevedra, 2021
- Alguén que Respira! Corpos, Disidencias e desexos. Xunta de Galicia- Concello de Santiago, 2022
- Prólogo do libro Ex Céntricas de Anxela Lema e Sara Villar (Fetiche ed.)
- Somos pandeireteiras. (ed) Natalia Balseiro, libro electrónico. 2022
- Antoloxía Biosbarda para Parche. Ruín Alteredicións e Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos, 2022
- Prólogo de Feitas ao Sisel de Diana Kurich, Editorial Caldeirón, 2023
Ensaio
- Tecermos redes, crearmos comunidade (Xerais, 2020; coordinadora, con Ánxela Lema París)
- O cento voando. Amores, alianzas e non monogamias. (Xerais: 2023: coodinadora, con Anxela Lema París)
En colaboración coas Candongas do Quirombo
- Agora ti. (vídeo-poema)
- A memoria da lingua. (documental)
- Todas as mulleres que fun. (vídeo-poema)
- E derivados. (poema da autora musicado)
Premios
- Premio do Público como mellor curtametraxe experimental no Festival de Baumann c2, Barcelona 2011.
- Premio curtametraxe gañadora Todas as mulleres que fun no Festival Galego Cinestable, Ordes, 2011
- Premio CinEOI de A Coruña co documental A memoria da lingua das Candongas do Quirombo. 2012
- Premio Lingua de Ouro 2012 por Queremos Galego Marín. 2012
- Gañadora con María Rosendo do premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017, por Diáspora de amor balea[3].
- Terceiro premio na 36ª edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat no 2022.
- Premio Follas Novas á obra de divulgación por O cento voando. Amores, alianzas e monogamias con Ánxela Lema en 2024.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.